Pica (xénero)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Nome científico

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Pica (xénero)».
A pega (Pica pica)
  • Pronuncia: /po.ka/ (AFI)

Substantivo feminino

Pica (xénero)

  1. (Ornitoloxía) Pica é un xénero de aves da orde dos paseriformes e familia dos córvidos, que comprende de tres a sete especies, segundo os autores, denominadas comunmente pegas en lingua galega. Son córvidos de tamaño mediano, corpo robusto, cola longa e ás curtas, adaptadas especialmente para que o animal manobre con facilidade entre árbores e arbustos. Miden en torno aos 50 cm de lonxitude, dos cales a metade corresponde á súa longa cola. A diferenza doutros córvidos, ademais da negra presentan gran parte da súa plumaxe de cor branca, especialmente no ventre e nas ás, e algunhas zonas presentan iridiscencias de tons azuis. Son aves de réxime omnívoro; a súa dieta está composta basicamente de froitos, sementes e insectos, aínda que tamén é común velas alimentándose de preas, ovos, polos e aves e mamíferos de pequeno tamaño e, ocasionalmente, tamén de lixo dos vertedoiros (principalmente en inverno, cando escasea o alimento ou é máis difícil de conseguir). Ao igual que outros xéneros de córvidos está moi estendido, ocupando a maior parte da rexión holoártica, coa excepción do leste de Norteamérica, estando tamén ausente das zonas máis frías e desérticas. Como quedou dito, o número de especies varía moito segundo os autores. O Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), recoñécense no xénero tres especies:

Na actualidade (2021), a organización Global Biodiversity Information Facility (GBIF) considera as seguintes oito especies (unha delas extinta, descrita en 2001):

Observacións

O de incluír detrás do nome (xénero) débese a que o nome pica, ademais do xénero aquí descrito, pode referirse a: