lixo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lixo».
  • Pronuncia: /ˈliʃo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

lixo (sg: lixo; pl: lixos)


  1. Conxunto de cousas sucias, inútiles ou prexudiciais, cousas que non serven e se tiran: desperdicios, sobras, obxectos usados ou rotos, etc.
  2. Partícula pequena de sucidade.

Tipos

Lixo no porto de Ribeira en 2005
Refugallos dunha obra

Pola súa composición

Lixo orgánico

É todo o que formou parte dun ser vivo , inclíndo restos de comida, papel, madeira, feces, etc.

Lixo inorgánico

Inclúe todo material que non posúe orixe biolóxica, como plásticos, produtos de metal, vidro, deterxentes etc.

Lixo tóxico

Inclúe pilas e baterías, que conteñen ácidos e metais pesados, certos tipos de tinta (como a usada nas impresoras), alén de refugallos industriais.

Lixo altamente tóxico

Neste grupo entran o lixo nuclear e o hospitalario.

Pola súa orixe

Lixo doméstico

É o producido polas persoas no fogar.

Lixo urbano

O producido en instalacións públicas e comerciais, así como restos de construcións e demolicións.

Lixo industrial

É o xerado polas industrias, e é xeralmente destrutivo para os ecosistemas.

Lixo hospitalario

Son produtos perigosos producidos nun hospital, como xiringas, etc., que poden conter axentes causantes de doenzas.

Lixo nuclear

Composto por produtos altamente radioactivos, como restos de combustíbel nuclear.

Traducións