rabo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «rabo».

Open book 01.png Substantivo masculino

rabo


singular plural
rabo rabos


  1. (Anatomía) Apéndice posterior do corpo dos animais mamíferos, que ten como base as vértebras caudais.
    • Sinónimos: cola.
    • Exemplo: Boi bravo, alza o rabo.
    • Termos relacionados: pombela, xema.
  2. (Alimentación) Peza de carne procedente dese apéndice, utilizado para cocidos e estofados.
    • Exemplo: Xa sabes que case tódolos rabos de boi, son, en realidade, de vaca.
  3. (Zooloxía) Parte posterior doutros animais distintos dos mamíferos.
    • Sinónimos: cola.
    • Exemplo: ¡Nin rabo de peixe!
  4. (Figurado) Parte pola que se unen ó tallo as follas ou os froitos.
    • Exemplo: O avó dicía sempre que o rabo das cereixas era bó para a memoria.
  5. (Figurado) Parte longa por onde se collen certos obxectos.
    • Sinónimos: mango.
    • Exemplo: Rompeu o rabo da cazola.

Traducións