elemento accesorio
Aparencia
Galego
elemento accesorio (sg: elemento accesorio; pl: elementos accesorios)
- (Anatomía) Cada un dos vasos, condutos ou nervios que teñen unha importancia secundaria, ou ben que acompañan ou son satélites doutros máis importantes.
- Exemplo: O nervio accesorio do braquial cutáneo externo.
- Exemplo: O nervio accesorio do braquial cutáneo externo.
- (Anatomía) Cada un dos dous nervios do XI par cranial, motores, orixinados no bulbo raquídeo e na medula, que se anastosoman cos dous primeiros cervicais, e co vago e dan unha rama interna, que se fusiona co vago, e outra externa, que inerva os músculos esternocleidomastoideo e trapecio.
- Sinónimos: (como substantivo) accesorius.
- (Bioloxía) Cada un dos órganos que realizan un acto non principal, pero que axuda ao desenvolvemento dunha función.
- Exemplo: As nectaríferas son glándulas accesorias da polinización das flores.
- Exemplo: As nectaríferas son glándulas accesorias da polinización das flores.
- (Petrografía) Cada un dos minerais se achan de maneira accidental nunha rocha, en cantidades máis ou menos grandes, sen afectar por iso ás características da mesma.
- Exemplo: O granito está formado por cuarzo, ortosa e mica, e varios minerais accesorios.
- Exemplo: O granito está formado por cuarzo, ortosa e mica, e varios minerais accesorios.
Observacións
Nas acepcións de anatomía (1 e 2) o adxectivo accesorio pódese usar como substantivo:
- O conduto de Wirsung e o seu accesorio.