-ón
Aparencia
- Pronuncia: /óŋ/ (AFI)
Sufixo
[editar]-ón 1
- Forma substantivos e adxectivos derivados de substantivos, adxectivos e verbos, de valor aumentativo, intensivo ou expresivo, como en barracón, nubarrón.
- Forma tamén despectivos, como en chorón, mirón.
- Forma substantivos de acción ou efecto, que adoitan denotar algo repentino ou violento, como en rebentón.
- Forma adxectivos que indican privación do designado pola base, como en rabón.
- Forma derivados numerais, que significan idade, como en sesentón.
Sufixo
[editar]-ón 2
- Pronuncia: /óŋ/ (AFI)
- (Física) Forma nomes de partículas elementais, como en fotón, neutrón, protón.