Saltar ao contido

sumo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈsu.mo/ (AFI)

Adxectivo

sumo (ms: sumo; mpl: sumos; fs: suma; fpl: sumas) |

  1. Supremo, que non ten nada superior.
    • Exemplo: Acadou a suma felicidade

      .
  2. Moi grande, enorme
    • Exemplo: Iso que dis é un sumo disparate. Este é un caso de suma gravidade

      .

Termos relacionados

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sumo».
Loitadores de sumo
  • Pronuncia: /ˈsu.mo/ (AFI)

Substantivo masculino

sumo

  1. (Deportes) Arte marcial de orixe xaponesa, hoxe modalidade de loita, na que dous combatentes, cuxo peso supera sempre os 100 kg, loitan corpo a corpo vestidos unicamente cun calzón. O que toca o chan cunha parte do corpo diferente á planta dos pés, ou sae do círculo en que se loita, resulta derrotado.
    • Exemplo: Hoxe asistimos a un campionato de sumo.

  2. Loitador deste deporte.