loitar
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués luitar, e este do latín luctāri.
- Pronuncia: /loj.ˈtaɾ/ (AFI)
loitar
- Pelexar con outro ou outros utilizando a forza física ou outros medios.
- Exemplo: Os galos loitaron contra os invasores romanos. O macho da manda de lobos loita con outros machos para defender o seu territorio.
- Exemplo: Os galos loitaron contra os invasores romanos. O macho da manda de lobos loita con outros machos para defender o seu territorio.
- (Figurado) Esforzarse por conseguir algo ou por evitalo.
- Exemplo: Loitando xuntos podemos saír adiante. Loitei contra a enfermidade con todos os medios dispoñíbeis.
- Exemplo: Loitando xuntos podemos saír adiante. Loitei contra a enfermidade con todos os medios dispoñíbeis.
Observacións
Na 1ª acepción son sinónimos batallar, contender, lidar, pelexar.