sazón
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín satio, -ōnis, 'acción de sementar', 'sementeira'.
Pronuncia: /sa.'θoŋ/ ou /sa.'soŋ/ (AFI)
sazón
- Grao de humidade dunha terra adecuado para que produza froito.
- Estado de perfección dunha cousa que chegou á madureza.
- Tempo oportuno en que se fai unha cousa.
- Punto axeitado que se lles dá aos alimentos ao preparalos.