Saltar ao contido

rocha volcánica

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «rocha volcánica».
Basalto, a máis abundante das rochas volcánicas.
Típica formción do basalto, o basalto columnar ou columnata basáltica.
  • Pronuncia: /ˈrɔ.t͡ʃa̝ bol.ˈkan.ika̝/ (AFI)

Locución substantiva feminina

rocha volcánica (sg: rocha volcánica; pl: rochas volcánicas)

  1. (Petroloxía) Rocha magmática ou ígnea orixinada polo arrefriamento moi rápido do magma, expulsado polos volcáns á superficie da Terra, polo que a rocha non ten tempo de formar cristais, e aparece como unha masa sólida amorfa (o chamado vidro volcánico), que ten textura vítrea ou, se polo contrario, o arrefriamento se produce en dúas etapas (por exemplo, primeiro lentamente no interior da caldeira do volcán, e despois, o resto, rapidamente cando a lava sae ao exterior), aparecerá unha masa vítrea ou microcristalina (formada por microscristais ou micrólitos), na que destacan grandes cristais regulares, denominados fenocristais e, neste caso, temos unha textura porfírica.
    • Exemplo: A rocha volcánica máis abundante é o basalto.

Sinónimos

rocha efusiva, roca efusiva

Termos relacionados

lava, microcristal, micrólito, rocha, rocha filoniana, rocha metamórfica, rocha plutónica, rocha sedimentaria, textura porfírica, textura vítrea, vidro volcánico, volcán