Saltar ao contido

volcán

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «volcán».
Basalto, rocha volcánica
  • Pronuncia: /bol.ˈkaŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

volcán
(sg: volcán; pl: volcáns)

  1. (Xeoloxía) Estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal.

Termos relacionados

volcánico, vulcanoloxía

Traducións