matar
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /maˈtaɾ/ (AFI)
matar
- (trans. e pron.) Privar da vida a unha persoa ou animal.
- Exemplo: Matou os dous fillos. Perdeuno todo e matouse.
- Sinónimos: suicidar.
- Exemplo: Matou os dous fillos. Perdeuno todo e matouse.
- Perde-la vida.
- Exemplo: Matáronse nun accidente de avión.
- Sinónimos: morrer.
- Exemplo: Matáronse nun accidente de avión.
- Apagar (a luz, o candil, o lume).
- Sinónimos: apagar.
- Calmar, satisfacer (a sede, a fame).
- Quita-la saúde.
- Exemplo: O tabaco mata.
- Exemplo: O tabaco mata.
- Acabar coa esperanza.
- Sacrificarse por algo, esforzarse sobremaneira.
- Exemplo: Non te mates, non paga a pena.
- Exemplo: Non te mates, non paga a pena.
- Disipar, esvaecer, debilitar, borrar, atenuar.
- Causar chagas os apeiros á besta, causar amatas.
Traducións
Exemplo
(2)
- Xa non volvo á fonteliña
- onde eu a sede mataba,
- xa non che volvo, que contan
- que lle turbaron a iauga.
- Hei ir á fía esta noite,
- e hei de matar o candil,
- e heille mazar a cotena
- a un 'majo' que campa alí.
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | matar |
Xerundio | matando |
Participio | matado, matada, matados, matadas |
1 Vostede(s) |
Expresións relacionadas
- Dar a matar: golpear a alguén con forza, con violencia, deixándoo malferido.
- Estar a matar: estar enemistado, estar a mal.
- Levarse a matar: estar enemistado, estar a mal.
- Matalas calando: facer algo ás agachadas, dicir algo por detrás, co obxectivo de conseguir un beneficio sen darse a coñecer.
- Mata-lo bicho: aplaca-la fame. Equivale ó castelán Matar el gusanillo.
- Mata-lo tempo: pasa-lo tempo en facer calquera cousa con tal de non aburrirse.
- Matar dous paxaros dun tiro: conseguir simultaneamente dúas cousas cun esforzo común.
- Matar peixe: pescar, capturar peixe. Cando se pesca en abundancia dise tamén Mata-lo porco.
- Pórse a matar: enfrontarse con alguén, enemistarse.
- ¡Que me maten!: exclamación que pretende garanti-la veracidade do que se conta.
- Quedar como quen ceba e non mata: perder algo que se daba por seguro.
- A quen matares o pai, non lle críes o fillo.
- Mata e matarante, e xa matarán a quen te mate.
- Matalas calando, e tomalas con tento.
- Matarás, matarte han, e a quen te mate matarán.
- Moito te matas, e non te decatas.
- Na paz e na guerra, o que matan morto queda.
- Ó matar os porcos, praceres e xogos; ó comer as morcillas, praceres e risas; e ó pagar os diñeiros, doos choriqueiros.
- O que a uns mata, a outros sana.
- O que non mata engorda..
- Uns matan e outros esfolan.
Portugués
matar