río Xordán

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «río Xordán».
Mapa coa conca do río Xordán

Hidrónimo

río Xordán

  1. (Xeografía) O río Xordán (en hebreo נהר הירדן nehar hayarden; en árabe: نهر الأردن nahr al-urdun). O nome hebreo parece significar "baixar; descender", o que concorda co seu traxecto, iniciado arredor de 500 m sobre o nivel do mar até case 400 m baixo o nivel do mar, un desnivel de arredor de 900 m, é unha corrente de auga que corre polo Oriente próximo, na maior parte do seu curso entre terras dos estados de Israel e Xordania, e nunha pequena parte do Líbano e Siria . É un río sen desembocadura en mar aberto, pois faino nun lago, o chamado mar Morto.