plantar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: [planˈtaɾ] (AFI)

Open book 01.png Verbo transitivo

plantar

  1. Cultivar unha planta pondo a raíz ou a semente so a terra.
  2. Cultivar un terreo.
    • Exemplo: Xa plantaron toda a horta.
  3. Espetar algo no chan de xeito que quede vertical.
  4. Non ir a unha cita.
    • Exemplo: Deixar plantado a alguén.
  5. Deixar de facer un deber ou obrigación.

Traducións

Open book 01.png Verbo pronominal

plantarse

  1. Facerlle fronte a alguén poñéndose diante, ou a unha situación.
    • Exemplo: Plantarlle cara. Plantouse diante del.
  2. En certos xogos de cartas, deixar de coller cartas.
  3. Ir axiña a un lugar.
  4. Queimar algo.

Conxugación