pivote
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /pi.'βo.te̯/ (AFI)
pivote
(sg: pivote; pl: pivotes)
- (Tecnoloxía) Extremo cilíndrico ou aguzado dunha peza onde se apoia ou se insire outra, ben con carácter fixo, ou ben de maneira que unha delas poida xirar ou oscilar con facilidade respecto da outra.
- (Deportes) En baloncesto, unha das cinco posicións do equipo na pista; é, polo xeral, o xogador máis alto, xogando en posicións preto do aro, tanto en ataque coma en defensa.
- (Deportes) En balonmán, xogador central de ataque do equipo.
- (Deportes) En fútbol, posición no centro do campo, tamén chamada de medio centro defensivo.