Saltar ao contido

oblicuo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /o.'βli.kwo̯/ (AFI)

Adxectivo

oblicuo
(ms: oblicuo; mpl: oblicuos; fs: oblicua; fpl: oblicuas)

  1. Que se desvía da liña horizontal ou da vertical.
  2. (Anatomía) Dise do músculo que presenta unha disposición anatómica non paralela ao eixe de simetría do corpo.
  3. (Lingüística) Relativo ou pertencente a calquera dos casos da declinación, agás ao nominativo.
  4. (Xeometría) Dise das rectas ou dos planos que non son perpendiculares nin paralelos entre eles.
  5. (Xeometría) Dise do prisma determinado pola intersección dunha superficie con dous planos non perpendiculares ás arestas desta.
  6. (Xeometría) Dise do cilindro determinado pola intersección dunha superficie cilíndrica con dous planos non perpendiculares á xeratriz da superficie.
  7. (Xeometría) Dise do cono ou da pirámide que teñen unha altura que non corta a respectiva base no seu centro.

Termos relacionados

ángulo oblicuo, ascensión oblicua, cilindro oblicuo, cono oblicuo, músculo oblicuo, oblicuamente.