monotremos
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín científico mono-, calco do grego antigo μονο-, derivado de μόνος mónos, 'único', e -trēmat, derivado do grego antigo τρῆμα. -ατος trẽma, -atos, 'abertura', 'orificio', coa adición da desinencia -a, indicando plural. Literalmente, 'os que teñen un só orificio'.
- Pronuncia: /mo.no.'tre.ma̯s/ (AFI)
monotremos (sg: monotremo; pl: monotremos)
- (Zooloxía) Orde de mamíferos, a única da subclase dos prototerios, que inclúe as especies actuais de mamíferos máis primitivas, xa que teñen diversas características dos réptiles, como a reprodución ovípara (son os únicos mamíferos que poñen ovos), e a presenza de cloaca, orificio onde conflúen os aparatos dixestivo, urinario e reprodutor.