meridiano de Greenwich
Aparencia
Galego
meridiano de Greenwich
- Semicírculo imaxinario que une os polos terrestres que pasa por Greenwich, máis pecisamente polo antigo observatorio astronómico deste suburbio de Londres, que serve de meridiano de orixe, a partir do que se miden as lonxitudes, en graos, e que corresponde á lonxitude cero. Adoptouse como referencia nunha conferencia internacional celebrada en 1884 en Washington, D.C., auspiciada polo presidente dos Estados Unidos, á que asistiron delegados de 25 países.