Saltar ao contido

in-

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Prefixo

  1. Indica valor negativo ou privativo, como en inacabable, inacción, incapacidade.

Observacións

Galego

Prefixo

  1. Adoita significar dentro, no interior de ou inclusión, como en inhumar, inmigrar, inherente, inscrición.
  2. Indica movemento, ou dirección da acción, como en indución, inducir, intención.
  3. Indica a situación expresada polo elemento que segue, como en incinerar, inculpar, inflamable, insolación.

Antónimos

Observacións

  • Adopta a forma im- se a palabra á que se une comeza por b ou p: impetuoso.
  • Presenta a forma i- se a palabra á que se une comeza por g ou l: ilustre.
  • Presenta a forma i- con duplicación do r se a palabra comeza por r : irradiar, irromper.
  • Ante palabra que comeza por h, o n pronúnciase [n]: inhumar.

Nota: En ambas as acepcións utilizáronse os criterios expresados nas definicións e exemplos do Dicionario da RAG e do Diccionario de la Real Academia Española.