gráfico
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de latín graphĭcus, e este do grego antigo γραφικός graphikós.
- Pronuncia: /ˈɡɾa.fi.ko̯/ (AFI)
gráfico (ms: gráfico; mpl: gráficos; fs: gráfica; fpl: gráficas)
- Pertencente ou relativo á escritura e á imprenta.
- Exemplo: En galego, en contra do portugués, non existen diferenzas gráficas entre vogais abertas e fechadas. Este artista realizou importantes traballos en obra gráfica.

- Que se representa, describe ou explica algo por medio de debuxos, liñas ou figuras.
- Exemplo: Signos gráficos. Imaxes gráficas.

- Que suxire ou expresa con gran vivacidade e claridade aquilo que representa e pretende expresar, coma se o debuxase.
- Exemplo: Esa frase que diseches é moi gráfica. As súas palabras foron moi gráficas.

gráfico (sg: gráfico; pl: gráficos)
- Liñas ou debuxos que representan a variación, a evolución ou os diversos graos ou estados dunha cousa.
- Exemplo: No xornal aparecen os gráficos cos resultados das eleccións.

- Representación de algo por medio dun debuxo.
- Exemplo: No folleto publicitario do hotel incluíase un gráfico para indicar a súa situación.

gráfica (sg: gráfica; pl: gráficas)
- Liñas ou debuxos que representan a variación, a evolución ou os diversos graos ou estados dunha cousa.
- Exemplo: Consultou as gráficas das vendas da empresa.

Termos relacionados
acento gráfico, artes gráficas, chiste gráfico, grafía, graficamente, grafismo, reportaxe gráfica, representación gráfica.