Saltar ao contido

espectrómetro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «espectrómetro».

[

  • Pronuncia: /es.pɛk.'tɾɔ.me̯.tɾo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

espectrómetro
(sg: espectrómetro; pl: espectrómetros)

Vista do interior dun espectrómetro de fotoelectróns excitados por raios X
  1. (Física) Nome xenérico dos instrumentos que permiten separar unha radiación nas súas compoñentes monocromáticas, en función da lonxitude de onda ou da frecuencia, ou un feixe de partículas nas partículas individuais, en función da súa masa ou enerxía.
  2. (Astronomía) Instrumento que permite analizar o espectro dunha radiación electromagnética, separando as ondas monocromáticas que compoñen a radiación estudada formando unha imaxe do espectro así determinado.
  3. (Química) Aparato destinado a separar os diferentes isótopos dun elemento químico, que se fundamenta na acción dos campos eléctrico e magnético sobre as partículas con carga eléctrica.
  4. (Física) Instrumento que separa as partículas cargadas electricamente que compoñen un feixe, grazas á aplicación dun campo magnético que desvía as súas traxectorias proporcionalmente ao seu momento lineal.

Termos relacionados

espectrómetro de masas, espectrómetro magnético