Saltar ao contido

escena

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /es.'θe.na̯/ ou /es.'se.na̯/ (AFI)

Substantivo feminino

escena
(sg: escena; pl: escenas)

Actores en escena
  1. Zona do teatro onde se fan as representacións teatrais ou outros espectáculos.
    • Exemplo: Despois da música os actores saíron á escena.

  2. Conxunto de elementos de caracterización do escenario para que represente o lugar onde se supón que ocorre a acción.
    • Exemplo: No segundo acto a escena representaba un castelo medieval.

  3. Cada unha das partes en que se dividen os actos dunha obra de teatro.
    • Exemplo: O primeiro acto da traxedia contaba con cinco escenas

  4. (Arte) Por estensión, calquera parte en que se divide unha obra literaria, de cine, de teatro, etc.
    • Exemplo: Despois da discusión filmouse una escena de amor.

  5. (Figurado) Actuación esaxerada que se fai para impresionar a alguén.
    • Exemplo: Fixo una escena moi graciosa.

  6. (Figurado) Suceso real digno atención ao que se asiste como espectador.
    • Exemplo: Aquela noite presenciamos unha escena terrorífica

      .

Observacións

Naacepción seu sinónimo é escenario.

Termos relacionados

director de escena, poñer en escena, posta en escena