craveiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «craveiro».
Craveiro
  • Pronuncia: /kra.'βei/ro̯ (AFI)

Substantivo masculino

craveiro (sg: craveiro; pl: craveiros)

  1. O craveiro, Syzygium aromaticum (L.), é unha planta arbórea ou arbustiva da división ou filo das magnoliófitas, clase das magnoliópsidas, subclase das rósidas, orde das mirtales, familia das mirtáceas, pertencente ao xénero Syzygium. Propia das illas Molucas, dos seus gomos extráese o cravo, empregado como condimento. Hoxe en día é cultivada noutras partes do mundo. Os botóns da súa flor, secos, utilízanse como especia desde a antigüidade, empregados en gastronomía e na preparación de medicamentos. Os árabes vendían cravos na Europa xa en tempos do Imperio Romano.