Saltar ao contido

cocer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /koˈθeɾ/, /koˈseɾ/ (AFI)
  • Homófonos: coser (en falas con seseo).

Verbo transitivo

cocer

  1. Cociñar un alimento normalmente en auga fervendo.
  2. Cociñar no forno, especialmente o pan.
  3. Someter a altas temperaturas obxectos de arxila para convertelos en cerámicos.
  4. (Figurado) Tramar, urdir.
  5. (Figurado) Dixerir un alimento.

Verbo intransitivo

cocer

  1. Pórse un alimento comestible grazas a un líquido fervendo ou a un forno.
  2. Fermentar o viño.

Verbo pronominal

cocerse

  1. Pórse un alimento comestible grazas a un líquido fervendo ou a un forno.
  2. (Figurado) Pasar moita calor.

Conxugación


Traducións


Castelán

  • Homófonos: coser (en falas con seseo).

Verbo

cocer

  1. Cocer.