Saltar ao contido

ferver

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /feɾ.'βer/ ou /feɾ.'βer/ (AFI)

Verbo intransitivo

ferver

  1. Burbullar un líquido baixo o efecto da calor ou dos fermentos.
    • Exemplo: A auga da ola xa está a ferver>. O zume da uva cando empeza a ferver convértese en mosto. Botou os espaguetes en canto ferveu a auga.

  2. Estar un lugar cheo de persoas, cousas ou animais en movemento.
    • Exemplo: A esas horas, o restaurante fervía de xente. A cabeza do cativo fervía cos piollos.

  3. Estar algo moi quente, como a auga que ferve.
    • Exemplo: Vai tanta calor que o asfalto ferve.

  4. (Figurado) Sentir algo con moita intensidade.
    • Exemplo: Fervía en desexos de ir a ese concerto.

  5. (Figurado) Estar alguén nun estado de excitación, axitación, etc.
    • Exemplo: Fervía coa carraxe.

Verbo intransitivo

  1. Quentar un líquido até a temperatura en que ferve.
    • Exemplo: Ferver o leite.

  2. Cociñar unha substancia, especialmente un alimento, en auga fervendo ou noutro líquido.
    • Exemplo: Ferve unhas patacas.

  3. Limpar ou esterilizar algo introducíndoo en auga que ferve.
    • Exemplo: Ferver o biberón.