bonito alistado
Aparencia
Galego
bonito alistado (sg: bonito alistado; pl: bonitos alistados)
- (Alimentación) (Ictioloxía) Peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos, presente en todos os océanos do mundo de augas tropicais e subtropicais. Posúe de 4 a 7 bandas lonxitudinais escuras a ambos os dous lados da rexión ventral, por debaixo da liña lateral. A cor do lombo é azul escura con irisacións púrpuras, aclarando segundo descende cara ao ventre, que ten cor prateada. Alcanza tamaños máximos de 1 metro, normalmente entre 40 e 50 cm e pesos de entre 5 e 10 kg (con máximos de 19 kg). É de grande interese comercial e capturado fundamentalmente para a elaboración de conservas.