atún listado

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «atún listado».
Atún listado

Locución substantiva masculina

atún listado (sg: atún listado; pl: atúns listados)

  1. (Ictioloxía, alimentación) Peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos. Alcanza tamaños máximos de 1 metro (aínda que o normal son valores de 40-50 cm) e pesos de 5-10 kg (con máximos de 19 kg). Recoñécese pola presenza de 4-7 bandas lonxitudinais escuras a ambos os dous lados da rexión ventral, por baixo da liña lateral. A cor do lombo é azul escuro con irisacións púrpuras, aclarando segundo descende cara o ventre, que ten cor prateada. As aletas dorsais están lixeiramente separadas. A aleta pectoral é moi curta.

Sinónimos

Traducións