Saltar ao contido

bidueiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «bidueiro».
Bidueiros.
Follas de bidueiro.
Bidueiros en inverno.
Casca de bidueiro.
  • Pronuncia: [bi.ðuˈej.ɾʊ] (AFI)

Substantivo masculino

bidueiro (sg: bidueiro; pl: bidueiros)

  1. (Botánica) Árbore da familia das betuláceas, de 15 a 20 metros de altura (excepcionalmente até 30), porte elegante, casca branca agrisada lisa, con bandas horizontais de cor gris escura apardazada e copa irregular; as follas, caducas, alternas, son de forma oval-triangular, co bordo dentado e o ápice agudo; as flores masculinas están reunidas en amentos colgantes, e as femininas en amentos ergueitos. Medra en solos húmidos e en brañas, cultivándose tamén como ornamental.
  2. Madeira de esta árbore, branca, branda e lixeira, doada de traballar, usada para facer zocas, móbeis e apeiros de labranza.
    • Exemplo: Teño na casa uns pratos de bidueiro para servir o polbo.

    • Sinónimos: bídalo, bido.
  3. (Botánica) Nome común que reciben todas as especies do xénero Betula, entre as que destaca, ademais da descrita, a Betula verrucosa.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén