ápice
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín apex, -ĭcis.
- Pronuncia: /'a.pi.θe̯/ ou /'a.pi.se̯/ (AFI)
ápice
(sg: ápice; pl: ápices)
- Extremo ou punta dunha cousa.
- Punta da lingua.
- (Botánica) e (Zooloxía) Punta ou extremo dunha estrutura anatómica, como o pico das aves ou as follas das plantas.
- (Astronomía) Punto da esfera celeste cara a onde se dirixe o Sol e, con el, todo o sistema solar.
- (Lingüística) Signo diacrítico posto sobre unha letra.