barba
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Galego
Pronuncia: /ˈbaɾ.βɐ/ (AFI)
Substantivo feminino
barba (sg: barba; pl: barbas)
- Pelo que nace no queixo e lados da cara. Ese home leva unha barba ben recortada e aseada.
- (Zooloxía) Apéndice filiforme que teñen algúns peixes presentan na mandíbula inferior. A faneca, o salmonete ou a maruca teñen barbas, a pescada ou a sardiña, non.
- (Zooloxía) Cada un dos fíos que, unidos entre si, forman as plumas das aves.
- Parte inferior da cara debaixo da boca que se corresponde co óso maxilar inferior ou mandíbula.
- (pl.) Láminas de queratina que os cetáceos misticetos (baleas) posúen na boca, penduradas do maxilar superior, para filtra-la auga e rete-lo alimento. O tamaño e cor das barbas das baleas permite identifica-la especie.
- (Figurado) Vellez, experiencia, sabiduría. Calen barbas e falen cartas.
- Barbela, barbuxa.
Sinónimos
- (4) baleas
Termos relacionados
- barbas de millo: formacións filamentosas arrubiadas que botan as espigas de millo. Para os cólicos de ril é boa unha infusión de barbas de millo.
- barbas de raposo: cuscuta, planta parasita.
- facerlle a barba [a alguén]: ademais do sentido recto: afeitar ou recorta-la barba a alguén, úsase co significado de amolar ou xogar unha mala pasada a alguén.
- nas barbas [de alguén]: na súa cara, na súa presencia. Non tivo aquela de non rirse nas miñas barbas.
- por barba: parte alícuota que ten que pagar a cada quen. Tocamos a 35 euros por barba.
- subírselle ás barbas [a alguén]: faltarlle ó respecto a unha persoa anciá ou ó noso superior.
- verlle as barbas á xustiza: verse metido en xuízos, verse denunciado e apurado.
- (1) barbela
- (2) corga, cuscuta, liño de cobra, liño de cuco, liño de raposa, pelos de raposa, pelo dos toxos