correa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Correa

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «correa».
  • Pronuncia: /ko.'rea̯/ (AFI)

Substantivo feminino

correa (sg: correa; pl: correas)

Correa de transmisión
Correas nunha ría galega
  1. Tira, banda ou cinta de coiro ou doutro material flexíbel que se usa para atar, unir ou suxeitar cousas ou animais.
    • Exemplo: Atou a carga ao cabalo cunha correa. Sempre leva ao can atado coa correa.

  2. (Arquitectura) Estrutura colocada horizontalmente e apoiada sobre dúas estadas ou trabes, que serve de soporte para os cangos e coa que se pode formar a cuberta ou o faiado dunha casa.
    • Exemplo: Puxemos unha correa nova no hórreo.

  3. (Botánica) Alga parda (Himanthalia elongata) orixinaria do Océano Atlántico, con talo en forma de cinta estreita e alongada de até 3 m de lonxitude, que é comestíbel.
    • Exemplo: Na superficie da auga, entre as penas, as correas acanéanse coas ondas.

  4. (Tecnoloxía) Tira de coiro ou doutro material que se une polos seus extremos e xira arredor de diversas poleas para transmitir un movemento ou transportar materiais.
    • Exemplo: Correa de transmisión.

Observacións

Naacepción son sinónimos cinta e correola.

Termos relacionados

correa de distribución, correa de transmisión.

Véxase tamén