bandexa
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de bandear.
- Pronuncia: /banˈdeʃa̝/ (AFI)
bandexa (sg: bandexa; pl: bandexas)
- Recipiente normalmente de metal, plano ou con pouco fondo, onde se poñen cousas, para movelas dun lado a outro, así como para ofrecer ou servir bebidas e alimentos.
- Peza movible plana para colocar horizontalmente para tapar un oco e soportar obxectos.
- Prato ou recipiente onde se bota a esmola nunha igrexa.
- Peza en forma de caixa, sen tapa, que se pode mover, que separa o interior dun baúl, maleta etc.
- Recipiente onde se coloca papel.