Saltar ao contido

bandear

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /bandeˈaɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

bandear

  1. Inclinarse [un medio de transporte] cara un lado.
  2. Inclinarse [un medio de transporte] alternativamente dun lado ao outro.
  3. Estar indeciso entre dúas cousas.
  4. Moverse [as velas dunha embarcación].

Verbo pronominal

bandearse

  1. Inclinarse [un medio de transporte] cara un lado.
  2. Estar indeciso entre dúas cousas.
  3. Saber que facer para conseguir o que se quere.

Verbo transitivo

bandear

  1. Facer que [un medio de transporte] se incline cara un lado.
  2. Facer que [un medio de transporte] se incline alternativamente dun lado ao outro.

Conxugación