antozos
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo ἄνθος ánthos, 'flor' e -zoo.
- Pronuncia: /aŋ.to.'θo.o̯s/ ou /aŋ.to.'so.o̯s/ (AFI)
- (Zooloxía) A dos antozoos (Anthozoa) é unha clase do filo dos cnidarios que comprende máis de 6 000 especies, polo que á a maior do filo, todas elas mariñas. As súas especies presentan unicamente forma de pólipo, polo que se distinguen dos restantes cnidarios por teren unha vida enteiramente sésil, sen estado libre de medusa. Inclúe especies tan coñecidas como as anemones de mar, os corais, as gorgonias e as chamadas plumas de mar. Poden seren solitarias ou coloniais, e teren esqueleto ou careceren del. Varían en tamaño desde individuos pequenos de menos de medio centímetro de ancho até colonias grandes de un metro ou máis de diámetro.