anemone de mar
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /anɛˈmone̝ ðeˈmaɾ/ (AFI)
anemone de mar (sg: anemone de mar; pl: anemones de mar)
- (Zooloxía) Especie pertencente á orde dos actiniarios (en linguaxe científica, Actiniaria), cnidarios antozoos da subclase dos hexacoraliarios. Son animais mariños sésiles, que se fixan normalmente ao substrato, nalgunas ocasións á area do fondo, mais a maioría, como é o caso das verdadeiras actinias, ancóranse a soportes máis sólidos, como as rochas. As súas dimensións oscilan entre 1,5 cm e os 2 m de altura.