cnidarios
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín científico Cnidaria, e este do grego antigo κνίδη knídē, 'ortiga', e o sufixo -ia, indicando plural.
- (Zooloxía) O dos cnidarios é un filo de animais invertebrados que agrupa arredor de 10 000 especies de relativamente simples que viven exclusivamente en ambientes acuáticos, sobre todo mariños. Teñen simetría radial e o seu corpo é en forma de saco. Son os animais máis simples que presentan células nerviosas e órganos dos sentidos (estatocistos, ocelos). O seu nome é debido a unha característica propropia: a existencia dunhas células chamadas cnidocitos, presentes nos tentáculos que inxectan ás veleno ás súas presas cando rozan estas células. Neste grupo están animais como os pólipos, as medusas ou os corais.