Saltar ao contido

afogado

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [a.foˈɣa.ðʊ] (AFI)

Adxectivo

afogado (ms: afogado; mpl: afogados; fs: afogada; fpl: afogadas)

  1. Que morreu por asfixia, especialmente cando esta é consecutiva á submersión na auga ou noutro líquido.
  2. De dimensións moi reducidas para a finalidade á que se destina, ou que non ten ventilación adecuada.

Substantivo

afogado (ms: afogado; mpl: afogados; fs: afogada; fpl: afogadas)

  1. Persoa ou animal que morreu por asfixia, especialmente cando esta se debe á submersión na auga ou noutro líquido.
  2. Persoa que sente afogo ante calquera dificultade.