abscisión
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín abscissio, -ōnis (mutilación, cortadura), de abscīndere (cortar, dividir).
- Pronuncia: /absθiˈsjoŋ/ (AFI)
abscisión (sg: abscisión; pl: abscisións)
- (Cirurxía) Separación dunha pequena parte do corpo, feita cun instrumento cortante.
- (Fisioloxía vexetal) Proceso mediante o que se forma un grupo de células especiais (chamado capa de abscisión) na base dos pecíolos das follas e dos pedúnculos florais), e que determina o desprendemento e conseguinte caída das follas e dos froitos.
- (Fisioloxía vexetal) Dito desprendemento.