abrollo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /aˈβɾo.ʎo̝/ (AFI)
abrollo (sg: abrollo; pl: abrollos)
- (Botánica) Planta herbácea da familia das zigofiláceas, Tribulus terrestris Linné, anual, pubescente, decumbente (é dicir, de caules rastreiros), con follas compostas, paripinnadas, de cor abrancazada, flores solitarias, amarelas, e froito moi característico, en forma de cruz de Malta, con espiñas duras.
- Exemplo: O abrollo considérase como unha herba daniña para os cultivos.
- Exemplo: O abrollo considérase como unha herba daniña para os cultivos.
- (Botánica) Por extensión, dase este nome a outras plantas que medran espontaneamente nos cultivos, especialmente ás que teñen espiñas.
- (Botánica) Froito destas plantas, cando é espiñento.