desgastar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /d̪es.ɣ̞as.ˈt̪aɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

desgastar

  1. Modificar a superficie de algo polo uso ou por unha acción que se exerce sobre iso.
    • Exemplo: O opositor, de tanto estudar, desgastou os cóbados da chaqueta.

  2. (Figurado) Facer perder a alguén a enerxía, o entusiasmo, etc.
    • Exemplo: A este home desgastárono as súas preocupacións económicas.

Sinónimos

gastar, luír

Verbo pronominal

desgastarse

  1. Perder unha cousa materia debido ao contacto ou ao rozamento con outra, á acción dun axente químico, etc.
    • Exemplo: Ao puír unha peza hai que procurar que a moa se desgaste de xeito uniforme.

  2. (Figurado) Perder alguén a enerxía, o entusiasmo, etc.
    • Exemplo: A permanencia prolongada no poder fixo que o partido se desgastase.

Sinónimos

gastarse, luírse