Conversa usuario:Norrin strange/Arquivo1

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Re boas[editar]

Son novo nisto do galizonario, aínda que xa colaboro na wikipedia, en wikisource e en galicitas dende fai tempo. Podes comentarme como vai isto? E que vexo moita imaxe, moita basndeiriña e tal e moitas entradas en francés. Non sería mellor facer como fan na wikipedia aragonesa? --Norrin strange 19:05, 17 xuño 2008 (UTC)

  • Ola Norrin strange e boas. Recordo ver o teu nome nalgun historial, sera na Galipedia ou na wiki en francés ? A ver si te animas a colaborar eiqui.
    • Non entendo ben todo o que me dis : moita imaxe ? moita basndeiriña ? e non sei moito cal e a politica de desarollo do wikidiccionario en aragonés. A miña opinion é que eiqui como en calquer proxecto cada usuarío colabora coas suas posibilidades, e ten que adpatarse o ambiente. Logo cando se ten costume de traballar xuntos (eso faise co tempo) pois podese ir a elaborar politicas mais axeitadas. Eu viñen parar eiqui convencida por o Usuario:Sobreira. Quedei algún mes tratando de entender como van as cousas. Podes ir ver a taberna ; proxecto de portada, melloria do mantemento xeral etc. Eu non me meto ei, teño confianza, pero eu non podo axudar neso. Por outra banda seria unha boa cousa de llegar aos 20 000 artigos en xuño. Por a miña conta, tratando de seguir as cousas como van (conto con Sobreira, Prevert et Furagaitas para vixiarme) trato de millorar un pouco a calidade e a cantidade, sabendo que non sei moito da fala galega, que me gusta ser util para o lector, e que tamen me gusta co galego espallese polo mundo (vou dar contribucións de galego nos outros diccionarios de vez en cando). Podes contar comigo e non esquezas en preguntarme o que sexa e na taberna sempre habra quen che poida tamén axudar. Benvida Norrin strange ! Elvire 19:37, 17 xuño 2008 (UTC)

  • Benvido ó Galizionario Norrin strange, grazas por colaborar connosco. Pouco máis que engadir ó que acertadamente apuntou Elvire. Tesme ó teu dispor para calquera dúbida ou comentario (ten en conta que eu tamén son relativamente novo neste Wiktionary e que é practicamente o único proxecto no que colaboro). Actualmente os usuarios máis activos son Prevert (administrador), Sobreira (administrador), Elvire, P Lameiro, e máis eu, Furagaitas.
Imaxes que ilustren as entradas, o que se di moitas non hai. Se te refires ás iconas dos títulos, é unha maneira de facer as páxinas máis vistosas. O das bandeiriñas tén como obxectivo ademais o de identificar facilmente as linguas (en contra delas manifesteime hai algún tempo eu aquí). O haber tantas entradas en francés é debido á magnífica colaboración de Elvire; é unha mágoa que non a poidamos acompañar coa creación dun número de artigos en galego cando menos igual.
Os temas que se están barallando ultimamente (a parte, evidentemente, da creación de novos artigos) son: o borrado de redireccións inútiles (estase encargando Prevert), rematar as páxinas marcadas como páxinas para completar, o Proxecto de portada (proxecto para renovar a portada do Galizionario), e algún tema máis exposto na Taberna. Eu ando a traballar nesto.
A estructura dos artigos é bastante flexible (non está totalmente definida). Para orientarte podes mirar a lista de modelos de artigo.
E non sei que máis. Boa estadía. Un saúdo. Furagaitas* 20:57, 17 xuño 2008 (UTC)

Outra benvida[editar]

Ola Norrin strange. Xa che explicaron perfectamente Elvire e Furagaitas o status do Galizionario, só me queda engadir que neste proxecto é precisa moita axuda. Hai moito por facer e a túa chegada é benvida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:12, 18 xuño 2008 (UTC)

Re: Dicionario Galego-Cheién[editar]

Moi boas. Paréceme estupenda a túa proposta, e máis aínda que colabores connosco :). Xa temos un proxecto parecido no Galizionario, este. Eu son partidario de reservar o espazo principal de nomes para as entradas propiamente ditas, por iso a única pega que poñería é a ubicación que escolliches. Eu prefiro o espazo Wiktionary:. Se estás de acordo, poderíase mover a Wiktionary:Galego-Cheién (e Wiktionary:Galego-Cheién/A, Wiktionary:Galego-Cheién/B, Wiktionary:Galego-Cheién/C,..., Wiktionary:Galego-Cheién/Fontes,...). Pero conste que non hai nada escrito ao respecto (ao menos polo momento), polo que podes elixir a ubicación que máis che guste. Ánimo co proxecto, e para calquera cousa... por aquí andamos. Furagaitas* 17:08, 15 setembro 2008 (UTC)

  • O espazo Galizionario: que eu saiba non existe. O que si existe é o Wiktionary:, no que se aloxan páxinas que non son meras entradas, senón máis ben páxinas informativas, e que non entran no cómputo de entradas. O das subcategorías paréceme ben. No caso de querer movelas, na parte superior de cada páxina tes unha pestana Mover; unha vez movida, na páxina vella unicamente quedaría unha redirección, e non entraría no cómputo de entradas válidas. De querer marcala para mover úsase a marca {{borrar}}. O de mover o resto das listaxes bilingües penso que será mellor sometelo a votación (dame tempo, estou a traballar niso). Furagaitas* 18:02, 15 setembro 2008 (UTC)

saúdos[editar]

Boas cabaleiro das botas azuis ! Alegrome de ver como traballas de arranque ! Non sei tanto de linguas como ti, por eso non dubides si ves erros meus en decimelo. Gustame moito o traballo de equipo e sempre estou disposta a conversar sobre os artigos. O pracer é para mín Norrin strange Elvire 17:31, 18 setembro 2008 (UTC)

EU[editar]

Para o Galego-Éuscaro tés máis sobre o euskara aquí. Flag of Western Sahara.png Sobreira (parlez) 17:18, 2 decembro 2008 (UTC)

Flags nos modelos[editar]

Ola Norrin strange! Veño de ver que mudaches o flag no modelo que aparece nos artigos cando se pón ca palanra é de castelán (fresa). Dun punto de vista automático e formal tes razón. Máis polo de momento penso que convén que volvas pór o flag antérior de España :

  1. penso que polo de momento non se deben mudar ises modelos que van as cabecieras dos artigos, xa que está previsto por Furagaitas (esi o entendín eu) de plantexar a comunidade o tema dises flags.
  2. o castelán é a lingua de Castela, maís segun a constitución en vigor hoxe en día en España é tamén a lingua co-oficial de todo o territorio español. Xeralmente utilizase castelán (lingua de Castela ou lingua castelá) para identificar a lingua do territorio de estado español en oposición as outras linguas faladas (con oficialidade ou sen oficialidade) en partes do territorio de estado español. Xeralmente utilizase español para identificar a lingua que se fala en todo o mundo hispanofalante (ainda que teña moitas variedas).
  3. concordo cos flags que temos nises modelos das linguas levan confusion para o lector, concordo que utilizar o modelo coa palabra castelán sabendo ben que dentro temos palabras que corresponden a unha identificación de español é levar o lector a confusion. Teriase que plantexar o problema dos flags nos modelos de linguas, e terise que plantexar o problema de si o modelo castelán esta adecuado para o uso que lle damos.
  4. non me semella oportuno que un usuario ande movendo isto só, gostaríame que volvas pór as cousas como estaban. Si tes presa que todo adiantese poís trata de conversalo na taberna, ou de xeito previo con Furagaitas, Sobreira ou outro usuarío que entenda ben esa problemática.
    Agradezcoche a tua atención e aseguroche que teño tanta ansía coma ti de co Galizionario mellorese e que aprecio moito que andes traballando nil. Saúdos Elvire 14:39, 6 decembro 2008 (UTC)
A mesma cousa co flag do inglés e a confusion entre Inglaterra e Reino Unido. (strawberry). Se o ficheches para outros modelos, penso o mesmo : isto non se debe mudar ca nosa opinion persoal, debe ser decisión da comunidade.(A ver se ben outro usuario que pón a bandeira dos EE.UU. e outro coa bandeira de Australía para o inglés, e a ver quen logo clasifica todas istas palabras Categoría:Inglés ? Digoche isto para convencerte da necesidade dunha decision da comunidade)Elvire 14:51, 6 decembro 2008 (UTC)
  • Decateime ben do que pasou coa numeración de sabugo. Era unha demostración da necesidade de colocar as traducións (e sinónimos) en cadansúa acepción. Quería que houbese un artigo onde aparecese ese erro. Agora, quen poña unha nova acepción deberá considerar se rompe a o número de orde asignado ás traducións. Non importa, sabía que era temporal. Se queres ver a miña concepción de artigo, podes vela en User:Sobreira/modelo-exemplo. Respecto ó bot, hai que instalar Python, sabelo programar e ter moito tino del, que ás veces se dispara se non estás pendente del. E por suposto ter unha base de datos ben programada que o alimente. Eu de momento meto o de italiano por que a estrutura que lle estou dando ós artigos é tan básica que é imposible que se cambie, agora que andamos ás voltas coa estrutura dos artigos. Botsobreira 16:04, 8 decembro 2008 (UTC)
Por outra banda, respecto á reubicación das traducións de sabugo, pensaba que para ti "é boa cousa pór as traducións logo de cada acepción" (dixeches na Taberna). Cambiaches de opinión? Botsobreira 18:14, 8 decembro 2008 (UTC)
  1. O das cores é provisional, ese non é o maior problema, senón a estrutura (e non me refiro só ó índice).
  2. Por qué repito galego? v. Nota 7: por que teñen distinta etimoloxía.
  3. Non sei por que dis que etim-pron-audio non deben faltar; non faltan, están na caixa despregable.
  4. E si, para min, a solución é non numerar. Botsobreira 19:45, 8 decembro 2008 (UTC)

Podes volver poñer as bandeiras que estaban en EN e ES para que non haxa maior problema? Prefiro que o fagas ti por que foches quen as modificou. Cando se vote o tema xa se decidirá. De momento é mellor deixar as cousas como estaban por que, aínda que polémico e lle leve o seu traballo á base de datos facer a modificación, creo que había menos controversia que agora. Polo resto, levas moito e bo traballo. Flag of Western Sahara.png Sobreira (parlez) 00:52, 10 decembro 2008 (UTC)

Ideas e traballo wiki[editar]

Boas Norrin strange.

Lamento que axiña que como non che sentes confortable, deixes o sitio sen procurar dialogar. Podemos deducir diso que a túa colaboración está sometida ao feito de que se acepta as túas ideas ? ata cando son erróneas ? Esqueces co punto de vista neutral que debemos busca lo discutindo ? Xa dixen que non preguntaba fontes para probar as cousas. Pero se realmente pensas que estas linguas son representadas polas bandeiras que puxeches, a menor das cousas é que o probas. Sabes ben que é unha base wiki que lle volve ao que modifica de achegar as probas. Prefires provocar para obrigar a comunidade a tomar unha decisión ? Non vou a explicárche por que estás equivocado, xa que non intentas dialogar e ademais non comprendo ó por que Sobreira e Furagaitas non argumentaron para explicarse. Non coñezo ben a historia de Castela. Coñezo un pouco a historia do Reino Unido e vou probarche soamente que a bandeira de Inglaterra flag of England.svg cobre un territorio, w:gl:Cornualles - Kernow do que velaquí a bandeira Flag of Cornwall.svg, e a lingua que segue a túa lóxica non é o inglés, é a w:gl:lingua córnica (en córnico: Kernowek, Kernewek, Curnoack) . E velaqui Galicia na súa wiki w:kw:Galisi. Xa fai moitos siglos que Cornualles esta incluida en Inglaterra, Escoia, Gales, Irlanda do norte non fai tanto que están integrados no Reino Unido, pero non é de onte.
Xa o repito, sintóo que non queiras dialogar. Eu non che rechazo. Saúdos Norrin strangeElvire 13:38, 10 decembro 2008 (UTC) Engado a portada Pennfolen Elvire 13:40, 10 decembro 2008 (UTC)


Boas compañeiro. Sinto non ter podido dar o meu punto de vista estes días de tanta actividade no Galizionario, nos que tratastes uns temas tan trascendentes e delicados. Hoxe vexo con estupor que decidiches interromper a túa colaboración connosco, cousa que non nos podemos perdoar. O Galizionario non pode permitirse perder unha colaboración tan encomiable como a túa, polo que che pido que reconsideres a túa decisión, recorda que isto facémolo entre todos. Que as opinións unilaterais non freen o teu labor. Aprendamos (todos) a ser pacientes, transixentes e demócratas. Asegúroche que desde que comecei no Galizionario tamén atopei cousas que non me gustaron, ou desacordos con outros colaboradores, e aquí estou; de feito, unha das cousas polas que protestei hai xa máis duns ano (o uso de bandeiras) tráenos hoxe aquí. Sobre o termo que usabas ti, correcto (a bandeira correcta), penso que é algo relativo, convencional, o mesmo que o PVN de marras. Sobre o de votar o tema das bandeiras, por min non hai pega: se alguén o considera urxente (eu non), avante. Tanto Sobreira coma min, estabamos tratando de posterga-la votación ata a Megavotación, principalmente porque espero que haxa maior quorum, o que non impide que se faga unha votación provisoria. Persoalmente non considero necesario retornar os modelos {{-es-}} e {{-en-}} ata que haxa consenso, porque para min ambas son incorrectas. É unha opinión máis. Norrin, reitero o meu desexo de que permanezas connosco. Un saúdo. Furagaitas* 17:23, 10 decembro 2008 (UTC)

  • Co meu comentario anterior pretendía que permaneceses connosco, e que participases na toma de decisións, precisamente agora que empeza a haber movemento. Comprende que somos poucos (durante este ano foi raro atopar máis de tres usuarios activos) e moitos de nós inexpertos. Agora parece que comezou unha revolución no Galizionario, que pretende acabar con vellos lastres, e gustaríame que foses partícipe. Como dixen noutra ocasión, os puntos de vista neutrais conséguense con opinións diversas. Porén non me queda outra que aceptar a decisión que tomes. Furagaitas* 18:59, 10 decembro 2008 (UTC)


De que falamos?[editar]

Norrin strange as bandeiras telas hai. Cando discuto creo sempre que eu vou en algures, se o que fala comigo deséxao. Xamais quixen molestarche. Non quero que che vaias por mor de min. Doutra banda sináloche que un voto onde seriamos 3 ou 4 non semella moi significativo. Chegas, abasteces unha gran cantidade de traballo en pouco tempo e poderiamos crer que che dás a túa propia recompensa pondo as bandeiras que che parecen as menos malas e pensando así ou sexa estar a gusto máis ou sexa provocar para obrigar a comunidade a comportarse como pensas ti que debe funcionar. As túas achegas están consideradas como moi importantes e é verdade que fas unha cantidade que eu non son capaz. As túas bandeiras están sempre alí. Non son enfadada. Non fago capricho. Non che sirvas de min para irche. Discuto sempre con sinceridade e non tes que irche por mor de min, é o minimo de respecto que me debes. Eu non vou pedir nada contra ti, e son a soa en pensar que as túas bandeiras non respetan o básico punto de vista neutral. Isto non é correcto respecto de min de sancionar a comunidade, mentres que son minoritaria. Non che gustan as conversas ? Só queres votos secos que den, se é posible o cadro onde podes estar a gusto ? Pois está a gusto Norrim strange, eu, repítoo, non estou enfadada por non entender que haxas mudado as bandeiras, non concordo, nin máis, nin menos e non me convenciches igual que eu non convenciche a ti. Non sei moito como van ser votos a escape, con tan poucos usuarios e cando hai entriles usuarios coma ti que non queren conversar para convencer. Podes quedar tranquilo, se non queres discutir pois non pasa nada por culpa miña. Saúdos Elvire 19:33, 10 decembro 2008 (UTC)

Moitissimas grazas Norrim strange de atenderme. Esta vez alegrame moito que ti me trates de señoriña. Penso que vamos concordar : Wiktionary:Taberna#Proposta de consenso, e penso que isto, se temos consenso, sera un adianto para o Galizionario. Elvire 21:02, 10 decembro 2008 (UTC)
Por outra banda, tes que saber que na conversa sobre o porque a bandeira do reino unido pode representar o inglés e a bandeira do estado español pode representar a lingua castelá, eu considero que non dín os meus argumentos para convencerche, xa que pasamos o tempo en establecer confianza e comunicación entre nós. Polo de momento ó que importa é que teñamos consenso coas cabeceiras dos artigos, e penso que vaise ter, e é tamén moi importante que siguas ise traballo que comezaches ... e si posible ainda outros. Se un día pasa a ocasion xa tratarei de convencerche, hoxe non é necesario para o proxeto ... e non temos tempo. Estou moi agradecida Norrim strange. Saúdos Elvire 21:02, 10 decembro 2008 (UTC)

Wikis/Galizionario/Bandeiras[editar]

Ola Norrin strange. Xa nos coñecemos desde hai moito tempo e temos adicado moitas horas a falar na Galipedia explicandoche o funcionamente do proxecto, despois de todo ese tempo eu polo menos teñoche moito aprecio. Hoxe pola mañá entrei no Galizionario e vin que falas de retirarte por desacordos cos proxectos Wikimedia en galego. Vou tentar debullar as cuestións fundamentais que expuxeches (espero non esquecer ningunha).

Sorpréndeme os reproches que fas á Galipedia, alí varios colaboradores temos adicado moito esforzo para tentar axudarche, ten en conta que moitas das túas edicións presentaban problemas co Punto de Vista Neutral. Como sabes o Punto de Vista Neutral é un dos fundamentos da Wikipedia, polo tanto é innegocionable. Citas dous casos concretos: o da toponimia e o dos nomes dos equipos de fútbol, non sei que propuxeches sobre o títulos dos equipos de fútbol pero en canto á toponimia hai poucas semanas houbo unha proposta de votación formal na que só participou a persoa que fixo a proposta, quero dicir con iso que o teu reproche é infundado. Créalo ou non podoche asegurar que o teu traballo, as túas mensaxes, as túas colaboracións tiveron moito máis eco do que poidas pensar, un respecto e unha marxe de acción moi grande.

Antes de continuar vou comentar algo sobre os wikis, na práctica cando comezamos a colaborar nun proxecto deste tipo adquirimos un compromiso de respectar os principios do wiki, de respectar aos compañeiros, de tentar traballar en favor da comunidade e en beneficio do proxecto. Iso significa que imos ter que realizar certas renuncias para conseguir que as cousas funcionen, temos que renunciar a unha axenda persoal na procura do ben do conxunto. Sabemos de antemán que en moitas ocasións haberá decisións, acordos, regras que nos gusten pouco ou nada, poida que preferiramos que certas cuestións tomen outro camiño. Na vida cotiá ao interaccionar con outras persoas hai diferentes pareceres, ás veces concordamos e outras non, nese sentido o wiki non é moi distinto, salvo que aquí queremos producir contidos libres e para iso tentamos minimizar as nosas diferenzas. Se cada vez que hai algo que nos disgusta deixaramos de colaborar non chegariamos a nada.

O Galizonario xa ten catro anos pero aínda non conseguiu consolidar unha comunidade estable, apenas somos media ducia de colaboradores habituais (máis ou menos), nesas circunstancias resulta paradoxal que haxa desacordos moi marcados, mesmo que poida surxir algún conflito. O wiki non acadou o grao de madureza (evolución) que lle correspondería a ese período temporal. Neste estadio compre chegar as consensos (totais ou parciais), haberá temas que estean abertos moitos tempo e logo aparentemente de súpeto se pecharán. A evolución propia do proxecto irá presentando as solucións. As votacións neste punto serán aplicables dun xeito moi limitado, tes que ter en conta tamén que a votación non se pode entender como unha mera suma de votos senón como un procedemento de debate razoado onde se chegan a acordos. Neste momento é máis importante conseguir crear contidos que enlearse en grandes discusións, mesmo son máis operativas as pequenas decisións que os debates moi complexos.

Pasemos ao tema das bandeiras, nunha mensaxe dis que "Fixen o troco en ES e EN porque ben sei eu que de non facelo o debate non houbese chegado", teño que dicir que é un procedemento incorrecto, non se pode forzar un debate nin ilustrar un punto de vista dese xeito. Indepentemente da decisión final que se tome sobre as bandeiras non me queda outra opción que desfacer eses cambios. Quédame pendente un tema sobre as bandeiras e a sinatura que tiña pensado comentarche desde hai semanas na Galipedia pero xa o farei noutro momento.

Para finalizar, quero agradecerche que colabores aquí. Fainos falta contar contigo e cando digo isto non o fago como unha fórmula ou para quedar ben. Espero verte axiña de volta, naquilo no que poida axudarche conta comigo se o precisas (aínda que non teño moito tempo). Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:06, 10 decembro 2008 (UTC)

Engadido: acabo de ver que houbo outras mensaxes que non lin antes de publicar a miña, e que modifican en parte o falado. De todos os xeitos teño a obriga de desfacer esas dúas mudanzas que citaba antes. Moitas grazas por volver. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:09, 10 decembro 2008 (UTC)
Grazas a ti, tamén grazas por desfacer ti mesmo esas edicións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:22, 10 decembro 2008 (UTC)

Grazas por quedares con nosoutros. Agora deléitanos como ti sabes ;). Furagaitas* 22:50, 10 decembro 2008 (UTC)

Wiktionary:Taberna#Axuda[editar]

Agradecería que, cando tiveses tempo, pasases pola Taberna a dar a túa opinión. Intento que vaiamos chegando todos a un consenso e ir plasmándoo nunha completa páxina de axuda ao estilo da da Wikipedia. Un saúdo! -Gallaecio 16:14, 16 maio 2009 (UTC)

isqueiro[editar]

Ola Norrin. Rectificaches unha edición miña nesta páxina. Volvín a páxina á versión anterior.

Non estou de acordo coa túa rectificación. Sería correcta se as palabras fosen homónimas pero é un evidente caso de polisemia; por mor diso, a palabra ten tres acepcións e debe aparecer o número 3. Graciñas e un saúdo--Raspiñeiro 18:52, 26 maio 2009 (UTC)

Re: modelo de artigo[editar]

Ola Norrin.
Estou de acordo en que habería que consensuar o modelo de artigo, xa que estamos empregando diferentes modelos de artigo (se ben todos eles son moi parecidos entre si).
Mais tes que ter en conta que o modelo de artigo é unha cousa coa que hai que ter moito tino, á que se lle foi dando forma desde a fundación do Galizionario, polo que calquera cambio debería contar co consenso máis amplo posible.
Gústame como saíches do paso en mail; a única pega que lle vexo é o nivel das cabeceiras. Eu optaría (seguindo o modelo medio actual) por substituír o ===mail<sup>2</sup>=== por '''mail<sup>2</sup>'''. Outra opción sería repetir a cabeceira de lingua.
O camiño que seguiches parécese moito ó que seguín eu no meu último proxecto de modelo de artigo (modificación á súa vez do último proxecto de modelo de artigo de Sobreira).
Por certo... Estou a deseñar un modelo para categorizar etimoloxías por lingua de orixe que supoño que che pode interesar. Cando o teña rematado avisareite para que lle botes unha ollada.
Se tes calquera idea, crítica, suxerencia,..., non perdas de comentarma. [ Furagaitas * ] 15:53, 16 xuño 2009 (UTC)

náhuatl clásico[editar]

Boas. Vin que hai uns días creaches o modelo:nci para o náhuatl. Polo que estiven a investigar, o código nci fai referencia ó náhuatl clásico, mentres que o código nah é xenérico para todas as variantes desa lingua. Ocórrenseme dúas opcións: ou especificamos que se refire a esa modalidade do náhuatl, ou movemos o modelo para modelo:nah. ¿Que me dis? [ Furagaitas * ] 07:00, 19 xuño 2009 (UTC)

Estou de acordo contigo: non tería sentido dividir o náhuatl en oito linguas. De todas formas, hai veces que resulta útil distinguir estre variedades, por exemplo nas etimoloxías (inglés americano, latín científico, náhuatl clásico,...). Déixoo da túa man. [ Furagaitas * ] 15:50, 19 xuño 2009 (UTC)

verboitaliano[editar]

Boas Norrin. Oe, ¿non cres que sería mellor poñerlle ó modelo que creaches (e ós que crees) un nome máis curto (por exemplo verboitaliano.1, verboitaliano.are ou conx.it.1)?. [ Furagaitas * ] 04:00, 24 xuño 2009 (UTC)

Unha cousa máis: ¿e se poñemos o nome dos tempos verbais en galego?. [ Furagaitas * ] 02:32, 29 xuño 2009 (UTC)
Tes razón, habería que buscar unha tradución axeitada. Pero eu no caso de atopala optaría por usala, tanto co italiano como co resto de linguas. E os pronomes quizá fora ben cambialos por P1/Primeira persoa, etc.
Si que vin o do Wiktionary:Modelo de artigo, pero estes días entre que non estiven moi animado pola liorta que tiven (estiven pensando en deixar o Galizionario), e que andei con outros temas, non lle prestei moita atención, pero en breve poñereime con iso. Ocorréuseme (dado que non é un modelo definitivo) movelo a Wiktionary:Proxecto de modelo de artigo, para non levar a engano. [ Furagaitas * ] 10:53, 29 xuño 2009 (UTC)

Cometarios[editar]

Boas, Norrin strange. Grandiosa reaparición a túa! Dá gusto ver tanto movemento no Galizionario de novo. Noraboa.
Por un lado quería pedirche desculpas por abandonar (temporalmente) aquilo co que comezamos do modelo de artigo e entradas válidas. Quedei practicamente só no Galizionario e non crin oportuno dedicarlle máis tempo. A ver se no outono hai máis xente (e tempo) para pórse de novo con iso. Mentres ando a Corrixir, Completar, Crear,...
Por outro lado quería exporche a miña opinión sobre o cambio que fixeches no modelo:-eu- (o do modelo:-ca- non o entendo, pero non me preocupa tanto). Penso que dentro das dúas opcións que serían validas (segundo o VOLGa) para facer referencia á lingua do País Vasco, vasco e éuscaro, a máis conveniente é a primeira, polos seguintes motivos:

  • É, con diferencia, o nome máis coñecido por todos para esta lingua (suponse que buscamos a utilidade do Galizionario, poñerllo fácil ó lector)
  • Nas listas de traducións, esta lingua estase ordenando alfabeticamente como vasco.

Se pensas que non son razóns de peso para voltar o modelo ó seu estado anterior podémolo levar á taberna a ver que opina o resto (aínda que sería ben esperar a que apareza máis xente). Un saúdo, e grazas por encher a páxina de Cambios recentes. [ Furagaitas * ] 15:42, 3 agosto 2009 (UTC)

Estou de acordo co de facer editables as seccións de lingua, e penso que podería acadar un consenso bastante amplo. De todos xeitos eu agardaría a poder consensuar o deseño que terán estas cabeceiras (como as do pt-wikt ou fr-wikt) para modificalos, pero como vexas.
Sobre o do modelo:-eu- sigo convencido, á marxe das decisións tomadas na Galipedia, que Vasco é o nome máis conveniente, pero concordo en que non é o máis importante que temos entre mans.
Norrin, grazas de novo polas túas contribucións. Moitas ou poucas son sempre positivas para o Dicionario. [ Furagaitas * ] 16:06, 3 agosto 2009 (UTC)

Ola[editar]

  • Ola, Norrin, oiche unha cousa, gustoume o dicionario galego-cheién. Ta ben eso. Quería a ver se me podes axudar a mellorar a miña páxina de usuario aburrida, e vexo que tu controlas do tema. A ver se me puideras dar aí uns consellos para mellorala. --Xoán Carlos Fraga 23:46, 23 agosto 2009 (UTC)
    • Ola, Norrin. Olla, para gravar os arquivos audio en que formato os gravo ou con que programa (é son algo novato nisto)? Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:24, 26 setembro 2009 (UTC)
      • Pois teño instalado o audacity, e tiña visto como funcionaba, pero intenteino e non me saíu. Vou botarlle unha ollada a un tutorial, porque teño aí un micro co que xa teño gravado algunha cousa (a nivel caseiro, pero sen ruído) e non me lembro como fixen. Moitas veces teño problema coa constancia, pero lembro o prometido e vouno facer. Así que agora (hoxe venres 16) vou mirar se aprendo a gravar algo. Seguimos en contacto. Grazas por mo recordar --Xoán Carlos Fraga 20:16, 16 outubro 2009 (UTC)

+++ Pois teño problemas para gravar, cousa do meu ordenador ou inexperiencia. Non sei, non vai nin a gravadora de sons de windows. Os altavoces van, que eu escoito musica, hai son nos videos e todo eso. Non sei, a ver se o amaño o domingo (mañá vou á Coruña e non vou tar pola wiki, supoño). Se tardase moito, volveme a dar outro toque recordatorio, que sempre ven ben. Saúdos, Norrin. --Xoán Carlos Fraga 20:57, 16 outubro 2009 (UTC)

  • Xa case está. Teño un micro bastante bon (penso, non son técnico de son), o problema era que non me saían os sons desde que formateei o ordenador, claro, ao formatear sempre hai que configurar cousas e eu nese tema son lento. Pois hoxe estiven argallando pola mañá no software (o hardware está como estaba e antes eu gravaba con calidade aceptábel) e desde hai uns minutos xa soa a gravadora de windows. Agora tócame facer o prometido (as gravacións), tentarei facelo desde o audacity para ser máis coherente co software libre. Hoxe comezo a facer probas e nesta semana (para a que vén non estarei por aquí) espero comezar a subir arquivos en ogg (seguindo as indicacións que me deixache, grazas). Xa te aviso, se atasco (se tardo moito, vólveme a pegar outro toque; penso que me acordo, pero polo si ou polo non); agora imos comer. --Xoán Carlos Fraga 11:08, 20 outubro 2009 (UTC)
  • Xa probei a facer gravacións no Audacity e saen, pero saen a un volume bastante baixo (aínda que teño posto o máximo o volume dos altavoces e máis do control de volume -nos dispositivos de audio e son-). Entón, non sei, seguirei intentado amañar isto, non vou subir algo de calidade media ou baixa (na Ubuntu, onde son bastante inexperto, intenteino e non dei gravado nunha gravadora que trae por defecto). Vou faltar uns días (debido a unha pequena viaxe até o xoves 29 de outubro), á volta espero poder solucionar este pequeno imprevisto. Se tardase moito en dar sinais de vida desde ese día, pegade un toque para despertarme. Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 14:35, 23 outubro 2009 (UTC)

modelo:t^[editar]

Ola, compañeiro. Vin que en "Gran Bretaña" puxeches [[#asturiano|Gran Bretaña]] <sup>[[:ast:Gran Bretaña|(ast)]]</sup> en vez de {{t^|ast|Gran Bretaña}}. Queríache dicir que o modelo:t^ xa inclúe a ligazón á lingua en cuestión, aínda que estea na mesma páxina.
Aproveito para explicarche por qué no modelo:nomelingua identifiquei as iniciais el con grego moderno en vez de con greco: o máis seguro é que por grego a secas o lector entenda o grego antigo, polo que penso que sería ben especificar tanto no caso de el como no de grc a que modalidade se refire. [ Furagaitas * ] 15:15, 17 setembro 2009 (UTC)

Está ben, deixámolo como grego (unicamente quería facilitarlle as cousas ó lector). Por certo, teño que subir outro modelo semellante (modelo:nomelingua2) para usar co modelo de categorización de etimoloxías. Dígoo porque cando modifiquemos un deberiamos modificar tamén o outro. Tereite informado. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 12:33, 18 setembro 2009 (UTC)
Ola! Cambiaches no modelo:nomelingua estoniano por estonio. A primeira palabra está recolleita no VOLG, mentres que a segunda non. ¿Tes algún motivo que se me escape? [ Furagaitas * ] 14:07, 21 setembro 2009 (UTC)

Novas propostas[editar]

Ola. Gustaríame que lle botases unha ollada a isto. Con esta mensaxe non pretendo buscar o teu apoio, simplemente quería avisarte para que non caia en saco roto e se perda entre os moitos temas da Taberna. [ Furagaitas * ] 15:22, 12 xaneiro 2010 (UTC)

modelos de lingua[editar]

Boas Norrin. Oe, se non che importa, cando incorpores novas linguas a {{nomelingua}}, incorpóraas tamén a {{nomelingua2}}. Este segundo modelo úsase no modelo {{orixe}} para interpretar adxectivos como "latino", "inglesas",... Un saúdo. [ Furagaitas * ] 21:36, 30 xaneiro 2010 (UTC)

Cabeceiras de lingua[editar]

Ola! Quería modificar xa os modelos das cabeceiras de lingua, pero non sei se facer que sexan seccións editables. Creo que ti probaras e desistiches... ¿Que me podes contar? Un saúdo. [ Furagaitas * ] 18:21, 3 febreiro 2010 (UTC)

africáner / afrikaans[editar]

Boas! Feito, xa pouco queda como afrikaans. O certo é que xa reparara nisto, pero ó ter referencias que avalan afrikaans como nome da lingua non quería ser demasiado purista, máxime cando afectaba a categorías e modelos. Agora falta por recategorizar as páxinas de Toponimia en afrikaans en Toponimia en africáner, pero antes quería saber a opinión do resto: estaba pensando en modificar as cabeceiras de topónimos para poder categorizar as páxinas a través delas (engadindo código de lingua. P.ex.: {{-topon-|fr}}). Como temos dúas cabeceiras ({{-topon-}} e {{topon}}) unha categorizaría e a outra non, segundo a necesidade (por exempo, as que xa estean en Toponimia de Galicia (a través de {{sem}}) non teñen por que estar en Toponimia / Toponimia en galego).
Por outro lado, e casualmente, mentres modificaba as cabeceiras de lingua atopei algún outro nome de lingua que conviría cambiar (incluíndo categorías,...); son os seguintes:

  • ak: akán > akan
  • frp: arpitano > francoprovenzal
  • ruo: istrio-romanés > istrorromanés
  • xcb: cúmbrico > cimbro
  • syc: siríaco (¿non ten outro nome?)

¿Que che parecen estas propostas? [ Furagaitas * ] 02:52, 27 febreiro 2010 (UTC)

Velaquí as miñas razóns:
  • cúmbrico / cimbro: guieime polo Digalego, que relaciona a antiga lingua de Cumbria coa dos cimbri. Pero polo que lin na Wikipedia inglesa, é unha interpretación errónea
  • istrio-romanés / istrorromanés: non me baso na normativa, senón nas fontes. Non sei se tes algunha referencia de istrio-romanés, pero no Digalego ven como istrorromanés.
  • arpitano / francoprovenzal: non encontrei a palabra arpitano nin en dicionarios en galego, nin en español, nin en portugués. En cambio, a palabra francoprovenzal aparece recolleita no VOLGa, ademais de ser o nome que se lle da a esa lingua no Ethnologue. O de "francoprovenzal semella expresar que é unha mestura das linguas francas (oil) e da lingua provenzal" semella unha interpretación persoal; cabería tamén pensar que o galego-portugués é unha mestura de galego e portugués.
  • O Ethnologue localiza a lingua frc no estado de Luisiana (cadien na Wikipedia), e di que descende do francés de Canadá (de Acadia)(acadien na Wikipedia). Non atopei un termo galego para denominar ningunha das dúas modalidades; tampouco o atopei no DRAG. En dicionarios portugueses acadiano fai referencia a Acadia, polo que non nos valería. Nas wikipedias vese moito cajun/cajún, tomado do inglés, pero novamente non temos referencias fóra da Wikipedia. Polo tanto pareceume boa solución a de Francés de Luisiana, pero tamén barallei a opción Cajun/Francés cajun.
[ Furagaitas * ] 03:44, 1 marzo 2010 (UTC)

Ola Norrin. Sobre o tema dos nomes de lingua:

  • Non quero facerme pesado, simplemente pretendo que da nosa inventiva saia o menos posible. No caso de arpitano / francoprovenzal entendo que hai no galego (enténdase que se documanta) o segundo dos nomes desa lingua, mentres a primeira apenas se documenta tanto no galego como noutras linguas próximas. Non é un antollo persoal, non lle quero dar máis voltas. Se pensas que está máis correcto como arpitano deixámolo estar.
  • A forma francés de Luisiana pareceume a máis intelixible (ademais parece que ten certo uso noutras linguas). Non me parece moi lóxico que inventemos un cadián. Se non che gusta a miña primeira alternativa, ¿que che parece se o poñemos como (Francés) cadien ou (Francés) cajun?

[ Furagaitas * ] 17:37, 4 marzo 2010 (UTC)

Novas tendencias[editar]

Boas Norrin. Non se che ve o pelo eh :). Espero que vaia todo ben. Póñote ó día nas últimas tendencias en uso de modelos:

  • {{-etim-}}, {{-pronuncia-}} e {{-audio-}} pasan a chamarse {{etim}}, {{pronuncia}} e {{son}}. Gallaecio estase encargando de modificar os modelos para podelos categorizar por lingua ({{son}} xa o fai, mira a páxina do modelo para máis información). Os modelos ocúltanse cando están baleiros e categorizan igual, polo que é importante usalos sempre. Ademais agora temos o modelo {{homofonos}} para usar canda esoutros tres.
  • Os modelos de lingua agora serven (ademais da súa antiga función) para facer ligazóns a cabeceiras de lingua determinadas. Así por exemplo: {{gl|palleiro}} = palleiro#Galego; {{Gl|palleiro}} = {{Mai|palleiro|gl}} = palleiro#Galego (visualizando inicial maiúscula). Máis información sobre como se fan e os que están feitos aquí.
  • Ás cabeceiras de categoría gramatical estámoslles poñendo como parámetro o código de lingua para unha futura categorización por lingua (por exemplo: {{-substm-|gl}}).

Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:01, 5 de novembro de 2010 (UTC)

Ola Norrin. Vexo que xa te vas familiarizando cos cambios. Lembra que os modelos {{-etim-}} e {{-pronuncia-}} é preferible utilizalos sen guións para diferenciar seccións de apartados e eliminar ambigüidades. O mesmo para {{-audio-}}, que agora tendemos a chamar {{son}}; este modelo, ademais, ten varios valores por defecto:
{{son}} é equivalente a {{-audio-|{{PAGENAME}}.ogg|{{PAGENAME}}}} (+categorización por lingua).
{{son|||en|uk}} é equivalente a {{-audio-|en-uk-{{PAGENAME}}.ogg|{{PAGENAME}}}} (+categorización por lingua).
É conveniente pór sempre os tres modelos, aínda que estean baleiros, para que as páxinas queden correctamente categorizadas ({{etim||gl}}, por exemplo, non visualizará nada, pero categoriza a páxina en Categoría:Wiktionary:Páxinas en galego sen etimoloxía).
Máis nada. Xa sabes que para calquera cousa, por aquí andamos. Deséxoche un bo 2011. [ Furagaitas * ] 22:03, 28 de decembro de 2010 (UTC)

xeog[editar]

Ola! Boa idea a do modelo {{xeog}}. ¿Non che parece máis intuitivo (e abreviado) {{xeog|<código de lingua>|<rexión>}}? [ Furagaitas * ] 16:39, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Que che parece algo así:
''[[:Categoría:{{UCFIRST:{{nomelingua|{{{1}}}}}}} de {{{2}}}|{{{2}}}]]''<includeonly>[[Categoría:{{UCFIRST:{{nomelingua|{{{1}}}}}}} de {{{2}}}]]</includeonly>
Por exemplo: {{xeog|es|España}}. [ Furagaitas * ] 18:09, 31 de decembro de 2010 (UTC)
Pero {{UCFIRST:{{nomelingua|{{{1}}}}}}} resolve o problema. [ Furagaitas * ] 22:30, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

Cabeceiras[editar]

Boas Norrin. Ultimamente estou completando aquelas entradas ás que lles falta a cabeceira de categoría gramatical. Se queres e podes agradecería algo de axuda, por exemplo coas do cheién. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 14:56, 20 de xuño de 2011 (UTC)

  • Ben, mañá remato exames, a ver se podo facer algo.--Norrin strange 08:53, 28 de xuño de 2011 (UTC)

Lingua saanich[editar]

Eu case diría de crear un modelo {{-saanich-}}. Supoño (non coñezo o caso) que pode ser considerada unha lingua independente, polo que descarto tratarmos as entradas como dialectalismos dun sistema maior. Ti que dis? [ Furagaitas * ] 14:58, 15 de xullo de 2011 (UTC)

Dúas cousas[editar]

Boas Norrin. Con respecto ó novo modelo {{outgraf}}, ¿non cres que iría mellor no grupo de apartados inicial (etim., son,...), xa que non depende de acepcións concretas?
Por outro lado, o Digalego ten entrada para assamés, pero non atopei referencias en galego para asamés. ¿Coñeces algunha? Un saúdo. [ Furagaitas * ] 06:32, 1 de agosto de 2011 (UTC)

Perdoa pola tardanza. A icona que propuñas non está mal, aínda que parecen máis relacionadas esta, esta ou esta. Á túa elección.
Con respecto ó de Badallouce, non necesariamente ten por que estar mal, depende da función que reservemos para cada modelo. Non teño moi claro aínda como debemos distribuír a información en certos apartados/seccións (en concreto {{outgraf}}, {{var}}, {{formasi}}, {{sin}}, e algún outro). Polo de agora acepto a lóxica que (entendo eu) propós: reservar {{outgraf}} para formas idénticas en sistemas de escritura diferentes.
Gústame máis asamés por parecer máis galego, pero a falta de fontes retornarei para assamés. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 14:00, 3 de agosto de 2011 (UTC)