Saltar ao contido

Conversa Wiktionary:Páxina principal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende Conversa:Páxina Principal)
Esta páxina é para conversar en exclusiva sobre a Páxina principal
(This page is for discussing the Main Page only)

Por favor, vexa a Taberna para outros temas de debate diferentes aos referidos á Páxina principal.
(Please see Taberna for discussion of topics other than the Main Page.)


¿Qué carallo é iso da licenza?

[editar]

Se estades a editar un diccionario non podedes inventar o galego... O de Galiza, pois vale, algún sí o dixo, pero o de "licenza" e "grazas" é totalmente antigalego...


Hai que ver de mirar un pouco iso da etimoloxía. Se o galego é "máis conservador có castelán"...


Castelán: lat. 'gratia' > gracia + s Galego: lat gratia > graza + s


Isto é a marabillosa Normativa da Concordia. O anterior comentario fíxoo 87.192.68.62 (disc. • contribs) ás 02:33, 9 agosto 2006

O galego debe ser unha lingua culta con termos cultos como Graza, licenza (ou xa acepcións da vella normativa como crenza...)que sobre todo se empreguen na escrita e respecten a etimoloxía, os académicos saben o que fan. Senón tampouco aceptaríamos termos xa de vellas normativas como igrexa, deus, adeus...etc, desaparecidos xa hai séculos pero recuperados e que seguramente xa non nos soan a inventados. Con todo a lingua falada pode ser máis permisiva. Coido que é bo para o galego que a lingua sexa culta e algo deferenciada do castelán, que acolla máis acepcións sempre que sexan galegas, pois iso dálle un prestixio como idioma propio. O anterior comentario fíxoo 213.60.188.206 (disc. • contribs) ás 22:12, 28 marzo 2007

Tudo isto é bem triste. Vai resultar agora que os inventos em galego som cousas como "licença", "graças" ou "Galiza", e nom cousas como "pescudar", "beira-ruas", "titores", "enquisas", etc., que no vosso delírio de inventores nem se pode duvidar que sejam tão populares como David Bisbal. Todas essas formas ("licença" etc.) para além de estarem testadas historicamente dentro dos limites das quatro províncias que constituem o vosso território mental, som formas absolutamente vivas na única forma realmente viva e plena que segue o impulso e a tradiçom desta língua, quer dizer no português. O esforço inútil de invertardes uma língua românica em pleno século XXI podia obter melhores rendimentos se vos dedicardes a estudar um pouco e coloborardes na elaboraçom de wikcionários e wikipédias em língua portuguesa que contemplem, junto as variedades lusitana e brasileira, a variedade galega O anterior comentario fíxoo 83.165.205.45 (disc. • contribs) ás 18:12 do 9 de marzo do 2009

Por "variedade galega" refíreste á norma reintegracionista inventada no S.XX? [ Furagaitas * ] 02:00, 10 marzo 2009 (UTC)


Antes de falarmos de "inventar" palabras ou de dar leccións de lingüística, cómpre informarse sobre o que se está a dicir. E xa por non dicir, que unha das primeiras cousas que hai coñecer, son as regras de acentuación. E poucas leccións podemos dar, cando acentuamos si en galego...

No caso de dúbidas, eu recomendaríalle á xente, á parte de buscar en dicionarios, que empregasen un corrector de texto. Existe a posibilidade de empregar un en liña dende a páxina web da Universidade de Vigo:[ http://sli.uvigo.es/corrector/]

Ademais, este non é o lugar para debatermos se estamos de acordo cunha normativa ou con outra. Para iso están os foros.

--Killerwhale 01:00, 29 maio 2009 (UTC)

Sobre a pescuda por entradas

[editar]

Seguro que máis de un se decatou de que o 'A' non remite ás palabras que comezan por 'a' minúsculo. ¿Non se pode arranxar isto?
Furagaitas 18:59, 11 xuño 2007 (UTC)

Re: Grazas polo aviso, xa está corrixido. Agora hai ligazóns á maiúscula e á minúscula. Un cordial saúdo. --Prevert 14:14, 28 agosto 2007 (UTC)

Correccións lingüísticas

[editar]

No apartado "Axuda" da Portada, pódese ler Criar unha páxina. O correcto é Crear unha páxina O anterior comentario fíxoo 213.60.158.76 (disc. • contribs) ás 10:49, 28 agosto 2007

Re: Grazas polo aviso, xa está corrixido. Un cordial saúdo. --Prevert 14:13, 28 agosto 2007 (UTC)

níxaros

[editar]

para min e para a miña xente os níxaros, son os coñecidos froitos da nixareira ou nixareiro, (bolsas de auga), que poñen vostedes como níxaros son os nesperos ou nisparos , froito da nispareira. un saudo O anterior comentario fíxoo 83.41.49.195 (disc. • contribs) ás 20:17, 27 xuño 2008

  • Moitas grazas polo comentario, pero esta non é a páxina máis axeitada para deixalo. Recoméndolle a páxina "Conversa:níxaro" ou "Conversa:abruño". De todas formas, o mundo das froitas con carabuña parece bastante complicado, e gustaríame abordalo máis adiante, polo que toda información é ben recibida. Furagaitas* 01:22, 28 xuño 2008 (UTC)

non vou dicir nada

[editar]

non, non direi nada, pero aquí cheira a BNG, por que como ben sabemos a RAG só admite GALICIA como unica forma lexítima e oficial, Galiza é filolóxica e historicamente lexítima.

Grazas por impoñe-las vosas ideas a un lugar que se supón neutral. O anterior comentario fíxoo 87.218.177.200 (disc. • contribs) ás 19:23, 24 xullo 2008

  • Estimado colaborador: lamento que a túa visión sobre este proxecto sexa a dun lugar partidista. Como ben saberás, este é un proxecto aberto, no que calquera pode aportar o seu granciño de area, sen ter que rexistrase sequera. O Galizionario contou desde a súa orixe cun número limitado de colaboradores habituais, que aportaron unha opinión tan valida como calquera outra. A consecuencia desta limitación, o Galizionario é un proxecto que aínda está moi verde, especialmente no relativo á busca de consensos. Polo tanto convídote a colaborar connosco; penso que cantos máis sexamos, e cantas máis opinións diferentes se aporten, máis neutral será o Galizionario. Quero insistir en que este proxecto non ten nada que ver con ningunha tendencia política, unicamente co galeguismo lingüístico. Atentamente, Furagaitas* 19:00, 25 xullo 2008 (UTC).

Por certo, a quen escribiu arriba: non deixas claro o que defendes ou o que atacas. O BNG, a RAG, Galicia, Galiza? Que é o que ben sabemos? Que só vale Gc, so Gz, as dúas, depende, ns/nc, só para os neutrais de comenencia? Cando saibas expresar o que queres (ou redactar, simplemente), poderei saber sobre que temos que debater, pero mentres tanto, se non vas dicir nada, pois iso, non digas nada. User:Sobreira.

Palabra do día

[editar]

A palabra do día hoxe é Bigornia, coa inicial en maiúsculas. Mirei de creala facendo click nela, pero ó estar a inicial en maiúscula semelloume absurdo. Vouna crear en minúscula pois é un nome común--Raspiñeiro 22:10, 5 maio 2009 (UTC)

  • Completei bigornia, pois a entrada xa existía. Debe de haber un erro--Raspiñeiro 22:14, 5 maio 2009 (UTC)

Small request in English (Perdoa!)

[editar]

Perdoa! Sorry for using English here because I don't know Galego, but could you please add the interwiki link to Ido Wiktionary on the Páxina Principal? The Ido Wiktionary is the seventh largest Wiktionary as of now, so it should be worth mentioning. Thanks in advance! Wyvernoid 11:21, 12 xuño 2009 (UTC)

  • A min paréceme ben poñer o Ido na Páxina principal, pero isto débese debater entre os colaboradores máis asiduos (que xa saben ben como vai isto). I acept put Ido as principal page, but we have to talk for decide (my English is no good). --Xoán Carlos Fraga 07:53, 28 agosto 2009 (UTC)
    • Buff.. The main problem is that everybody wants to put a link to his own Wiktionary in the main page, but I believe that only the 10 or 15 largest dictionaries must be there, and add a link to the complete list. --Norrin strange 08:19, 28 agosto 2009 (UTC)

Mass deletion of redirects created by User:Conversion script

[editar]

Please be advised that I will be granting myself a bot status and mass deleting pages per this request. Please feel free to get in touch with me on my meta talk page if you have any questions--Jyothis 02:48, 5 de novembro de 2010 (UTC)

A respeito de sabías que..., pescadería é un termo castelán

[editar]

Só avisar de fundamentalismos polo "sonsonete", como diz o mestre J.J. Moralejo que dicía o sr. Caro Baroja: Pescado - no seu momento rexeitada polos comisarios lingüísticos -- está documentado en galego desde o século XIII (p.ex. Cant.Sta.María e documentos diversos-). Pescadería está desde o ano 1417 no que eu sei, e polo que me parece é tan derivado de pescar como o son pesca, pescador, pescadeiro, -a, pesco, etcétera. Que a Vde. lle gostaría que fose xa desde antigo pescadaría..., a min tamén, pero hai o que hai... Sr. Montes.

Moitas grazas pola información; mais, como saberá, este proxecto réxese pola lóxica (creo eu) norma de seguir o VOLGa (aínda que tamén teñan cabida formas non normativas sempre que remitan ás normativas). Permítame, de todas formas, levar este comentario ó seu sitio correspondente.
Sr. Montes: teño visto a súa sinatura por máis páxinas deste proxecto, e vexo que é un libro aberto. Sería un pracer contar coa súa presenza como editor no Galizionario. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 17:29, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)