Saltar ao contido

Axuda:Libro de estilo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Se xa estivo botándolle un ollo ás páxinas de axuda e cre que está preparado para comezar a escribir entradas na edición en galego do Wiktionary, esta páxina debería axudarlle a facelo ben, seguindo a estrutura e métodos de edición que seguen o resto de editores do proxecto.

Características das entradas

[editar]

As entradas deste Wiktionary ─tamén denominadas «páxinas» ou «artigos»─ caracterízanse principalmente polos seguintes aspectos:

  • as entradas poden estar en calquera lingua;
    • nunha mesma entrada poden coexistir definicións para varias linguas distintas, como é o exemplo de «can»;
    • nunha mesma entrada poden coexistir dous termos dunha mesma lingua con distinta categoría gramatical;
    • nunha mesma entrada poden coexistir dous termos dunha mesma lingua con distinta etimoloxía;
  • non obstante só ás palabras en galego se lles inclúe a definición, salvo que non se poida traducir un termo ao galego e haxa daquela que definilo;
  • as palabras estranxeiras simplemente remítense á galega da cal son tradución, e de haber máis dunha galegas, escribiranse todas;
  • para as palabras en galego séguense as Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega regulamentadas en 2003, que se concretan na listaxe do VolG publicado en 2004 e que tamén está dispoñible en liña;
  • dado que o Galizionario distingue maiúsculas e minúsculas nas opcións de busca, as palabras introdúcense en minúscula a non ser que:
    • en galego sexan nomes propios, abreviacións, expresións ou outras formas escritas que así o precisen;
    • noutras linguas se estableza esa convención para escribila (por exemplo, os substantivos en alemán ou os xentilicios e locativos en inglés);

A sintaxe

[editar]

Para estruturar os artigos, facemos un abundante uso de modelos (en inglés, template), que son anacos de texto cun formato xa definido que aforran tempo e traballo. Nesta páxina e nas que dende ela se ligan aprenderá a usar estes modelos.

Cómpre ter en conta que nas entradas do proxecto pódese introducir máis información que a definición e a categoría gramatical. Por exemplo, os artigos pódense agrupar en categorías segundo diversos aspectos (categoría gramatical, lingua, etc.), que logo permiten navegar entre artigos que teñen un certo aspecto en común. Asemade, unha entrada pode conter as flexións da palabra, sinónimos, antónimos, traducións, exemplos, transcricións fonéticas, etimoloxía, palabras homófonas, ficheiros de son coa pronuncia, etc. Todo isto verase con máis detalle a continuación.

Para escribir todos estes datos co formato axeitado, úsase o código wiki. Neste código, as ligazóns, as categorías, as táboas, a inclusión de imaxes ou ficheiros de son ou a remisión a outros proxectos da Fundación Wikimedia teñen un xeito de escribirse doado, pero concreto. Se quere aprender máis sobre o uso e sintaxe deste código, pode visitar esta páxina da Galipedia. Se quere comezar a practicar, hai unha páxina para facer alí as probas que queira sen ningún medo.

Estrutura común

[editar]

Aquí explícanse aqueles elementos da estrutura das entradas que son comúns ás entradas en todas as linguas. Na seguinte sección explicaranse aquelas situacións especiais propias de cada lingua.

Lingua

[editar]

Para calquera entrada, é imprescindible o uso do modelo da súa lingua, que encabezará os datos da palabra para esa lingua. Unha mesma palabra pode pertencer a varias linguas. En caso de que unha mesma palabra pertenza a varias linguas, haberá un encabezado de lingua por cada unha desas linguas.

Para poñer un encabezado de lingua nunha paxina, terá que seguir a seguinte sintaxe: {{-código da lingua-}}. Por exemplo, para encabezar unha entrada dunha palabra en galego, deberá utilizar {{-gl-}}.

A orde dos encabezados de lingua é moi simple. En calquera palabra que exista en galego, por razóns obvias será o encabezado en galego o primeiro de todos. O resto poden colocarse a continuación, e seguir a orde do nome da lingua (non do código). Velaquí ten uns exemplos de linguas habituais no Wiktionary en galego ordenadas correctamente.

Modelo Resultado
{{-gl-}} == galego == + categoría
{{-glref-}} == galego == + categoría + ligazón á Galipedia
{{-de-}} == alemán == + categoría
{{-es-}} == castelán == + categoría
{{-ca-}} == catalán == + categoría
{{-fr-}} == francés == + categoría
{{-en-}} == inglés == + categoría
{{-it-}} == italiano == + categoría
{{-la-}} == latín == + categoría
{{-nl-}} == neerlandés == + categoría
{{-pl-}} == polaco == + categoría
{{-pt-}} == portugués == + categoría

Para unha lista máis exhaustiva de códigos de lingua, pode acudir á páxina co índice xeral de índices de linguas.

Existen outros encabezados que tamén funcionan como encabezados de lingua, pero que non corresponden a tal.

Modelo Resultado
{{-grafía-}} ==grafía== + categoría
{{-nomec-}} ==nome científico== + categoría
{{-símbolo-}} ==símbolo== + categoría

Esta lista contén todos os que actualmente temos no proxecto, aínda que a lista podería ampliarse no futuro.

Propiedades da palabra

[editar]

A continuación da lingua van una serie de modelos que achegan información sobre a entrada tal como a pronuncia, a etimoloxía, etc. Cando van todas elas, a súa orde de aparición é a mesma que a orde en que se explicarán en detalle a continuación.

Etimoloxía

[editar]

A etimoloxía das entradas escríbese empregando o modelo {{etim}}. Este modelo colócase sempre, independentemente de que se coñeza ou non a etimoloxía da palabra. Isto é porque o modelo permite situar a entrada nunha categoría segundo leve ou non etimoloxía.

Ao modelo pásanselle dous argumentos: a etimoloxía ─en caso de que se saiba, senón irá baleira─ e o código da lingua ─que deberá introducirse sempre─. Así, haberá dous casos distintos de uso deste modelo:

  • Cando non se saiba a etimoloxía da palabra: {{etim||código da lingua}}. Véxase a modo de exemplo «e mais».
  • Cando se saiba a etimoloxía da palabra: {{etim|etimoloxía da palabra.|código da lingua}}.

Á hora de redactar a etimoloxía, utilízase o modelo {{orixe}} para indicar de que lingua a que lingua pasa a etimoloxía. Este modelo substitúese polo nome da lingua orixe, e liga á categoría correspondente. A sintaxe a seguir sería a seguinte: {{orixe|código da lingua de orixe|código da lingua de destino}}.

O termo na lingua orixe vai en letra cursiva, que se escribe ''así'' dentro do código. En caso de que a palabra de orixe sexa galega, escribirase entre comiñas latinas, é dicir, «así». En ambos casos as palabras deberán ligar ás súas respectivas entradas.

Nos casos en que o significado do termo derivado non coincida co do termo na lingua orixe, pódese engadir na etimoloxía o significado orixinal, se ben isto non resulta estritamente necesario pola natureza deste dicionario, xa que o termo orixe vai ligado, e no seu artigo irá incluído o significado na lingua orixe. De ter certo coñecemento da lingua orixe, sería recomendable non engadir o seu significado na etimoloxía e deixalo plasmado nun artigo de seu.

Cómpre evitar as cadeas etimolóxicas. É dicir, as etimoloxías que aparecen nos dicionarios monolingües coma «do latín [...], que á súa vez ven do grego [...]» perden sentido neste dicionario con entradas en varias linguas. O correcto sería «do latín [...]», e facer unha entrada para o termo en latín na que a etimoloxía fose «do grego [...]». Véxase a modo de exemplo «coma».

Os únicos casos en que se pode omitir a etimoloxía son os das locucións, que están formadas por dúas ou máis palabras que teñen cadansúas etimoloxías. Salvo que a locución en si mesma teña unha etimoloxía, o campo da etimoloxía estará nos artigos das respectivas palabras, aos que xa se liga mediante o campo da flexión.

Transcrición fonética

[editar]

A transcrición fonética das entradas escríbese empregando o modelo {{pronuncia}}. Este modelo colócase sempre, independentemente de que se coñeza ou non a transcrición fonética da palabra. Isto é porque o modelo permite situar unha entrada nunha categoría segundo leve ou non transcrición fonética.

Ao modelo pódenselle pasar tres argumentos: a transcrición fonética en si, o código da lingua da entrada e mailo tipo de transcrición fonética, non sendo este último necesario mentres se trate do Alfabeto Fonético Internacional. Así que poderán darse diversos casos:

  • Cando non se coñeza a transcrición fonética da palabra: {{pronuncia||código da lingua}}. Véxase a modo de exemplo «dedo».
  • Cando se coñeza e estea no AFI: {{pronuncia|/transcrición fonolóxica/|código da lingua}}.
  • Cando se coñeza e non estea no AFI: {{pronuncia|/transcrición fonolóxica/|código da lingua|alfabeto fonético}}.

Son

[editar]

os ficheiros de son correspondentes ás entradas lígase empregando o modelo {{son}}. Este modelo colócase sempre, independentemente de que exista ou non o ficheiro de son ligado. Isto é porque o modelo permite situar unha entrada nunha categoría segundo leve ou non un ficheiro de son. Isto permite ademais, seguindo un esquema fixo ao nomear os ficheiros, que dende os artigos se ligue a ficheiros que non existen no momento da edición do artigo, pero que estes ficheiros aparezan no artigo en canto alguén os suba ao servidor da Wikimedia Commons.

Ao modelo pódenselle pasar catro argumentos: o nome do ficheiro de son, o texto co que amosalo ─o nome da páxina por omisión─, o código da lingua, e o lugar ao que se corresponde a pronuncia. Como o modelo pode detectar automaticamente se un ficheiro de son sinalado existe ou non, o modelo está preparado para seguir unhas regras de nomeamento dos ficheiros: código de lingua-{{PAGENAME}}.ogg. É dicir, independentemente de que o ficheiro de son dunha palabra en galego exista ou non, supoñendo que os usuarios carguen os ficheiros na Commons seguindo as regras seguidas ata o de agora, abondaría con fornecerlle ao modelo o código da lingua, «gl».

Así que poderán darse diversos casos:

  • Cando non se saiba da existencia ou non dun ficheiro, ou se coñeza a súa existencia e este siga as regras mencionadas antes: {{son|||código de lingua}}. Véxase a modo de exemplo «aberración de coma».
  • Cando se sabe o nome do ficheiro e non segue as regras: {{son|ficheiro de son||código da lingua}}.
  • Cando o ficheiro sexa dun país concreto e no nome do ficheiro o país vaia co seu código: {{son||{{PAGENAME}} (Nome do país)|código da lingua|código do país}}.
  • etc.

Categoría gramatical

[editar]

A continuación das propiedades da palabra vai a categoría gramatical.

Para cada categoría gramatical existe un modelo, e todos eles deben levar como segundo argumento o código da lingua á que corresponden. A continuación amosarase a lista de modelos de categoría gramatical. Nos casos en que se poida concretar un aspecto, deberase facer. Por exemplo, ante un substantivo feminino, deberase poñer {{-substf-}}, non {{-subst-}}.

A lista está incompleta de momento. Para máis información, consulte a lista de modelos de artigo.

Flexión

[editar]

A continuación do xénero gramatical, vai unha cadea composta pola palabra en cuestión e a súas flexións. Por suposto, hai palabras, coma os verbos, en que a flexión non se pon ao carón da palabra, pois ocuparía moito espazo. Asemade, hai palabras que non teñen flexión, coma as conxuncións. Para estes casos, simplemente non se porá nada a continuación da palabra que dá nome á entrada. No caso dos verbos, a conxugación porase máis adiante mediante un modelo axeitado.

Así que na parte de flexión podemos atoparnos con tres casos:

  • Entradas que non teñen flexión, en cuxo caso este apartado consistirá en poñer a seguinte liña:
'''{{PAGENAME}}'''
Esta liña substituirase pola palabra que dá nome á entrada, con letra grosa.
  • Entradas con flexión de plural, para as que utilizaremos o modelo {{VarN}}:
'''{{PAGENAME}}''' {{VarN|raíz|sufixo do singular|sufixo do plural}}
raíz será o texto que teñan en común a forma singular e plural da palabra, sufixo do singular os caracteres adicionais da forma en singular e sufixo do plural os caracteres adicionais da forma plural. Teña en conta que o modelo non é unha cuestión lingüística, senón práctica: a raíz para «cabalo» non sería «cabal», senón «cabalo», porque isto permite aforrar o campo do sufixo do singular, e simplemente encher cun «s» o de plural.
  • Entradas con flexión de xénero e número, para as que utilizaremos o modelo {{VarXN}}:
'''{{PAGENAME}}''' {{VarXN|raíz|sufixo do masculino singular|sufixo do masculino plural|sufixo do feminino singular|sufixo do feminino plural}}
Para completar o modelo seguiremos as mesmas pautas que para o caso anterior, o das entradas que só teñen flexión para o plural.

Polo momento non hai definida unha forma para colocarlle aos adxectivos a flexión en canto ao grao. Iso significa que para a flexión de adxectivos utilizarase o mesmo método que para a flexión doutras palabras coma substantivos.

No caso das locucións, dentro do «'''{{PAGENAME}}'''», {{PAGENAME}} substituirase polas palabras que forman parte da locución, cada unha ligando a cadanseu artigo. Tómese como exemplo «aberración cromática».

Definicións

[editar]

Semántica

[editar]

Antes de cada definición, pode indicarse entre parénteses a categoría ou categorías semánticas ás que pertence o concepto definido. Isto faise mediante o modelo {{sem}}. Utilízase coa seguinte sintaxe: {{sem|Categoría semántica|código de lingua}}. Véxase a modo de exemplo «bestialidade».

Exemplo

[editar]

Despois dunha definición, pode engadirse un exemplo de uso, unha construcción que reflicta como se emprega a palabra ou locución nun contexto real. Isto faise mediante o modelo {{exemplo}}. Utilízase xusto despois dunha definición, precedido dunha grella e un asterisco («#*{{exemplo|…}}»). No exemplo, o termo en cuestión, independentemente de que apareza flexionado, debe ir subliñado —entre as etiquetas <u> e </u> (como <u>este</u>)—. Véxase a modo de exemplo «cabo».

Para as entradas nunha lingua distinta do galego, os exemplos estarán evidentemente na lingua en cuestión. Para estes casos, na liña inmediatamente posterior á do exemplo cómpre de ser posible engadir unha tradución do exemplo ao galego. Isto faise mediante o modelo {{tradución}}. Utilízase xusto despois da liña do exemplo, precedido dunha grella e dous asteriscos («#**{{tradución|…}}»). Na tradución, igual que no exemplo, a tradución do termo en cuestión, independentemente de que apareza flexionada, debe ir subliñada —entre as etiquetas <u> e </u> (como <u>este</u>)—. Véxase a modo de exemplo «cap».

Conxugación

[editar]

A conxugación dos verbos vai a continuación das definicións. Para información sobre como colocar a conxugación dun verbo na súa entrada (que modelo usar), consulte a páxina sobre flexións complexas.

Interwikis

[editar]

Os interwikis son as ligazóns a edicións dos artigos do Wiktionary noutras linguas. Estas van sempre ao final dos artigos, e adoita deixárselle o traballo de poñelas e actualizalas a un bot, se ben poden introducirse manualmente. No Galicionario adoitamos preceder a lista de interwikis dun comentario en HTML para separala do resto do artigo: <!-- Noutros wiktionaries: -->.

Entradas en galego

[editar]

Aquí explícanse aqueles elementos propios da estrutura das entradas en galego que non están presentes nas entradas noutras linguas.

Definicións nas entradas en galego

[editar]

Referencias a sinónimos

[editar]

Cando dúas palabras en galego teñan unha definición en común, non fai falla proceder coma nos dicionarios de papel e facer referencia ao sinónimo no que vai a definición. Neste dicionario dixital, copiar contido dunha entrada noutra é moi doado, polo que o mellor é copiar a definición, e que estea en ambas as dúas (ou máis entradas). E os sinónimos que aparezan como tal. Un sinónimo non é unha definición.

Termos relacionados

[editar]

A continuación do modelo {{-relac-}} pódese engadir unha lista de termos que poden ter certa relevancia en relación co termo que se está a definir, pero que non aparecen xa nas definicións. Aqueles termos que xa aparecen nas definicións no fai falla listalo baixo {{-relac-}}.

Traducións

[editar]

A lista de traducións é o último elemento da estrutura das entradas en galego. Este apartado vai encabezado polo modelo {{-trad-}}, seguido da lista de linguas coa correspondente tradución, seguindo a sintaxe:

{{T|lingua}} {{t|lingua|tradución}}.

Onde:

  • lingua é o código da lingua da tradución e
  • tradución a entrada traducida a dita lingua.

Por suposto, pode darse o caso de que haxa máis dunha tradución, en cuxo caso estas separaranse cunha coma:

{{T|lingua}} {{t|lingua|tradución 1}}, {{t|lingua|tradución 2}}, {{t|lingua|tradución 3}}.

Sirva de exemplo a seguinte lista de traducións:

{{T|es}} {{t|es|ciencia}}.
{{T|da}} {{t|da|videnskab}}.
{{T|eo}} {{t|eo|scienco}}.
{{T|fr}} {{t|fr|science}}.
{{T|el}} {{t|el|επιστήμη}}.
{{T|he}} {{t|he|מדע}}.

O resultado sería este:

Exemplos

[editar]

Para a maioría das situacións contempladas neste libro de estilo procurouse facer referencia a artigos que servisen de exemplo para ilustrar a sintaxe e maila estrutura correcta dos artigos. Se quere ver máis exemplos para familiarizarse cos todos estes aspectos da edición de entradas, consulte os últimos cambios.