aberración esférica
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /aβɛraˈθjoŋ esˈfɛɾika̝/ (AFI)
- (Astronomía) Exceso de refracción na parte periférica dunha lente converxente, polo que os raios de luz que inciden paralelamente ao eixe óptico, aínda que a certa distancia deste, son levados a un foco diferente que os raios próximos ao mesmo, o que produce un foco imperfecto e unha imaxe confusa.
- Sinónimos: aberración de esfericidade, aberración dióptrica.