Saltar ao contido

-izo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /iθo̯/ ou /iso̯/ (AFI)

Sufixo

-izo
(ms: -izo; mpl: -izos; fs: -iza; fpl: -izas)

  1. Forma adxectivos derivados de adxectivos que adoitan denotar semellanza: crebadizo, enfermizo.
  2. Forma derivados de substantivos que indican posesión do significado polo primitivo ou das súas calidades: cobrizo, sombrizo.
  3. Forma derivados de participios que indican propensión a executar, causar ou recibir a acción do verbo primitivo: esvaradizo, olvidadizo. Os derivados de participios en -ido adoitan cambiar o i en e: acolledizo, corredizo.
  4. Ás veces aparece en substantivos que adoitan designar lugar: cobertizo, pasadizo.