ximnasia xeral
Aparencia
Galego
ximnasia xeral
- (Deportes) Especialidade de ximnasia, a única non competitiva, que se fai en grupos e que normalmente vai acompañada de música, vestiarios e, en ocasións, escenografía. Precisa creatividade para que sexa un espectáculo. É propio desta ximnasia o uso de uniformes e accesorios para caracterizar un tema e así realizar unha coreografía unida a elementos ximnásticos que son acecuados para calquera idade e nivel ximnástico. A súa grande vantaxe é que pode incluír actividades dinámicas e exercicios das ximnasias artística, rítmica, aeróbica, acrobática, en trampolín, e de baile.