Saltar ao contido

tensión

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /teŋ.ˈsjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

tensión (sg: tensión; pl: tensións)

  1. Acción das forzas que se exercen sobre os extremos opostos dun corpo, de xeito que o manteñen estirado.
  2. Estado dun corpo sometido á acción de forzas opostas.
  3. Estado de oposición ou hostilidade latente entre persoas ou grupos humanos, como nacións, clases sociais, razas, etc.
  4. Estado anímico de excitación, impaciencia, esforzo ou exaltación.
  5. (Física) En electricidade, diferencia de potencial entre dous polos ou eléctrodos.
  6. (Física) En electricidade, voltaxe con que se realiza unha transmisión de enerxía eléctrica.
  7. (Física) Presión que os fluídos transmiten ao entorno ou ao recipiente que os contén.
  8. (Física) Magnitude que mide a tensión dos fluídos e que se expresa en pascais.
  9. (Física) e (Tecnoloxía) Presión no interior dos sólidos sometidos a esforzos.
  10. (Física) Forza de atracción á que está sometido un corpo.
  11. (Física) Magnitude que medir a tensión dun corpo e que se expresa en newtons.
  12. (Fonética) Segunda fase da articulación que se caracteriza por unha maior estabilidade e duración na disposición dos órganos involucrados.

Termos relacionados

alta tensión, baixa tensión, en tensión, tensión arterial, tensión superficial, tensión vascular, tensión venosa.