atracción
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín attractiōnem.
Pronuncia: /a.tɾak.ˈθjoŋ/ou /a.tɾak.ˈsjoŋ/ (AFI)
atracción
(sg: atracción; pl: atraccións)
- Acción e efecto de atraer.
- Forza que seduce e cativa.
- Sinónimos: atractivo.
- (Física) Forza que atrae.
- Instalación mecánica dedicada ao xogo, normalmente dos cativos, nunha festa, como por exemplo unha nora, carruseis, tómbolas, etc.
- Espectáculo ou persoa que divirte e distrae.
- Cousa ou persoa de interese para moita xente.
Termos relacionados
atracción de feira, atracción local, lei da atracción universal, parque de atraccións