Saltar ao contido

sanxoán

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sanxoán».
sanxoán Digitalis purpurea L.
  • Pronuncia: [san.ʃoˈaŋ], [sanˈʃo̯aŋ] (AFI)

Substantivo masculino

sanxoán (sg: sanxoán; pl: sanxoáns)

  1. (Botánica) Planta herbácea da familia das escrofulariáceas, Digitalis purpurea Linné, bienal, de 60 a 150 cm de altura, cunha roseta basal da que xorde o caule; follas ovatolanceoladas, as da roseta basal pecioladas e as do caule co pecíolo cada vez máis curto segundo van ascendendo, até chegar a seren sésiles; flores cigomorfas, en forma de dedal, de 4 a 5 cm de lonxitude e cor purpúrea con manchas máis escuras no interior, reunidas en acios unilaterais, e froito en cápsula. É propia das rexións atlánticas de Europa e o norte de África, onde medra en terreos silíceos. Contén diversos alcaloides, como a dixitalina, utilizándose en medicina popular como tónico cardíaco.