herba da cobra
Aparencia
Galego
herba da cobra (sg: herba da cobra; pl: herbas das cobras)
- (Botánica) Planta herbácea da familia das escrofulariáceas, Digitalis purpurea Linné, bienal, de 60 a 150 cm de altura, cunha roseta basal da que xorde o caule; follas ovatolanceoladas, as da roseta basal pecioladas e as do caule co pecíolo cada vez máis curto segundo van ascendendo, até chegar a seren sésiles; flores cigomorfas, en forma de dedal, de 4 a 5 cm de lonxitude e cor purpúrea con manchas máis escuras no interior, reunidas en acios unilaterais, e froito en cápsula. É propia das rexións atlánticas de Europa e o norte de África, onde medra en terreos silíceos. Contén diversos alcaloides, como a dixitalina, utilizándose en medicina popular como tónico cardíaco.
- Sinónimos: abeluria, abrula, baloca, baloco, baloco negro, borleta, chopo, chopo negro, croque, dedal, dedaleira, dixital, dixital purpúrea, estalo, estalote, estraloque, folla de sapo, herba de san Xoán, herba dos troques, milicroque, sanxoán, troque.