rubia galega
Aparencia
Galego
rubia galega
- (Gandaría) A rubia galega é unha raza de vacún autóctona de Galicia, a máis característica e abundante do país, ten o pelo de cor rubia, con alguhas variacións de ton. Emprégase para a produción de carne e, noutros tempos, usouse tamén como animal de traballo. Está catalogada como Raza Autóctona de Fomento, o que significa que polo censo e organización se considera en expansión, de acordo cos criterios establecidos a nivel nacional e internacional.